OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA

Libro Branco

A elaboración do Libro Blanco é o primeiro paso para crear un plan de xestión do patrimonio cultural e natural do noso concello.

A utilidade social e económica das ideas emanadas con esta valorización do Patrimonio Cultural e Medioambiental ambicionan, nun primeiro momento, en converterse nun protocolo ou Libro Branco que delimite claramente as bases dun futuro Modelo de Xestión do Patrimonio Cultural e Medioambiental do concello de Negreira.

Polo tanto, poderemos observar como este tipo de estudos poden transformar a clásica concepción negativa asociada ó Patrimonio Cultural, un elemento molesto para veciños, construtores e administracións á hora de xestiona-la cualificación do solo, nunha fonte de riqueza, social e económica, e de desenvolvemento endóxeno das sociedades rurais galegas.

A clave reside en apostar por un Patrimonio Cultural e Medioambiental organizado de tal xeito que sexa facilmente accesible, dentro dun discurso histórico e mediambiental que o dote de significado para todo tipo de público.

A continuación reflexamos os puntos clave que debe recoller o documento técnico que permita reflexionar sobre o estado do patrimonio cultural de Negreira e as accións necesarias para a súa rendibilización futura.

Descargar Libro Branco 8,18 Mb

OBXECTIVOS PROPOSTOS RESPOSTAS
Dar a coñecer determinados recursos patrimoniais, culturais, naturais… Que actualmente permanecen no anonimato para a maioría da poboación. DIVULGAR O PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL
Sensibilizar a población local da necesidade da posta en valor de todo este patrimonio, dándolo a coñecer. DIVULGAR O PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL NO EIDO LOCAL
Alcanzar unha maior afluencia do turismo, ofrecendo a realización de novas actividades relacionadas coa valorización dos recursos culturais. TURISMO CULTURAL: ESPAZO DE OCIO, ESPAZO DE RUTAS CULTURAIS, ESPAZO DE COÑECEMENTO
Deseño de un proxecto de actuación do contorno natural e cultural. PLANIFICACIÓN DA XESTIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL DE NEGREIRA

OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA