OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA

Instalacións

A importancia dun pobo non se define tanto polo tamaño do seu territorio nin polo maior ou menor número dos seus habitantes, senón máis ben pola calidade de vida que ofrece. E a calidade de vida mídese, entre outras cousas, polo grao de acceso dos cidadáns ós medios de educación e cultura. Conscientes disto, dende a Concellería de Cultura trabállase na procura de varios obxectivos:

• Incentivar e favorece-la creación cultural, creando novos espacios para a cultura e apoiando material e economicamente os procesos creativos.

• Rentabiliza-los investimentos culturais, programando actividades para tódolas idades e intereses e durante todo o ano.

• Fomenta-lo asociacionismo, favorecendo así a participación cidadá e poñendo á disposición dos veciños recursos, programas e espacios para o ocio e a creación.

• Promove-la conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos a favor da defensa da tradición cultural e festiva do noso pobo.

O Concello dispón das seguintes instalacións municipais:

CASA DE CULTURA

A Casa de Cultura e un edificio de pedra situado na rúa máis emblematica de Negreira, a Carreira de San Mauro. O recinto conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos e múltiples actividades culturais. 

BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca ten como obxectivo fomentar a creación e a promoción de hábitos de lectura: acercando á poboación o coñecemento; ofertando un espazo flexible, dinámico e organizado; dispoñendo dunha colección viva, actualizada e adaptada á comunidade de Carballo e os seus arredores; poñendo en valor e difundindo a creatividade galega. 

CENTRO SOCIOCULTURAL

O Centro Sociocultural e un moderno edificio na rúa da Restreva. O recinto conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos e múltiples actividades culturais. 

AUDITORIO

O auditorio conta cun aforo de 300 butacas e cun escenario que permite representar diversas funcións e actuacións de medio e gran formato. Ten un completo equipo de luces e son, así como camerinos para as distintas representacións.

TELECENTRO

O Telecentro de Negreira pentence á Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Red CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Digital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin alcanzar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

AULA INFORMÁTICA

No ano 2002, entrou en funcionamento o Aula de Informática, situada na segunda planta onde os nenos e adultos de Negreira pódense beneficiar deste servizo, que lle ofrece a posibilidade de conectarse gratuitamente á rede nun total de 10 termináis.

BEBETECA

A Bebeteca é un espazo diferenciado para vincular os bebés e os pais coa literatura, un espazo adecuado para desenvolver e estimular os hábitos de lectura entre os máis pequenos.

AULA DE PINTURA E GRAVADO

A Aula de Pintura está situada no 3º andar do Centro sociocultural e nela impártese as clases de Pintura da Escola Municipa de Pintura e Gravado.

OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA