presatambre.jpgCon motivo da rodaxe da serie de televisión Fariña que produce Bambú Producciones S.L. para Antena 3 Televisión, infórmase que o martes 14 de novembro, en horario de 7:30 a 15:00 horas, vaise cortar totalmente á circulación a estrada municipal que une a parroquia de Liñaio coa de Cornanda (Brión), e que atravesa a presa do encoro Barrié da Maza, no río Tambre.

 

Devandito corte de tráfico vai a estar perfectamente sinalizado pola Policía Local e Protección Civil de Negreira, unha vez que a rodaxe terá lugar en terreos do Concello de Brión, segundo informa Bambú Producciones. 

powered by social2s

servizoscarreira.jpgNa medianoite do mércores 8 de novembro péchanse as inscricións para A Clásica de 10.000 metros de Negreira que se celebra este domingo, pero que este ano conta cunha carreira de cinco quilómetros que tamén engloba a cadetes e xuvenís, e que supera os 300 corredores inscritos. No total das dúas probas absolutas e as tres escolares, a Carreira Popular de Negreira xa supera os 1.300 inscritos, aínda que a organización confía en superar os rexistros de edicións anteriores ao contar por primeira vez cun circuíto homologado para a mellora de tempos.

 

A proba raiña de 10.000 metros é toda unha referencia en Galicia pola presenza de atletas africanos, pero a vistosidade da proba céntrase nos atletas populares e a loita por equipos con premios en metálico en xogo. Destaca á súa vez, a alta participación na terceira carreira, a de infantís, alevíns e benxamíns, con máis de 420 inscritos.

 

Todos os corredores recibirán a súa bolsa de corredor cunha camiseta técnica, un batido, un pastel e unha bebida, aínda que A Clásica ofrece moitos máis servizos aos corredores/as:

1 - Dorsais de saída por marcas

2 - Tres globos ou lebres (40´- 45´ e 50´), na 10K

3 - Cronometraxe por chip (Emesports)

5 - Fotografía profesional (Facebook e Twitter oficiais)

6 - Servizo de gardaroupa

7 - Servizo de gardeiría

8 - Servizo de duchas (Piscina Climatizada en bús)

9 - Avituallamentos (qms 5 e 8 e na liña de meta)

10 - Avituallamento en meta (bolsa do corredor, froita e auga)

11 - Quilómetrosmarcados

12 - Carreiras 5K e 10K con distancias homolagadas)

Máis información:  https://carreirapopulardenegreira17.blogspot.com.es/

Vídeo percorrido: PLAY

 

powered by social2s

convive311017.jpgO departamento municipal de Servizos Sociais vai colaborar no desenvolvemento do programa Convive.comigo, un proxecto piloto que se vai desenvolver na provincia da Coruña, a cargo da asociación Arela, e que parte dun contexto que é o do ámbito xudicial, xa que xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias, persoas) ao Xulgado, para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de convivencia en grupo con persoa e/ou familia. 

 

 

Ata o momento, non hai persoas ou familias coas que un/unha adolescente permaneza durante o cumprimento desta medida, polo que ou ben se están a cumprir en centros de protección de menores ou ben se está a escoller outro tipo de medida xudicial.

 

A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 6 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno de socialización positiva no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asinaríase un contrato e dende a Xunta financiarase coa cantidade de 40 euros por cada día de convivencia.

 

As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar ás persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumplimento da medida xudicial.

 

Durante o proceso de avaliación e formación, realizaranse múltiples entrevistas, mínimo unha visita domiciliaria e varias sesións formativas.

 

Máis información sobre o programa Convive.comigo na web: www.arela.org, ou no número de teléfono: 981 572 204.

powered by social2s

xuntos_polo_nadal_2017_GAL.jpgO departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Negreira informa que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

 

Prazas e destinos

 

Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:

•       120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.

•       120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.

 

Datas e servizos

 

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:

•       Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).

•       Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.

•       Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.

•       Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.

 

Persoas beneficiarias

 

a) Ter  60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar empadroado nalgún concello galego.

c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.

d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia.

 Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

•       Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.

•       Teñan máis idade

•       Teñan un menor nivel de ingresos económicos.

•       Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

 

Solicitudes

 

As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.

O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou Centros Sociocomunitarios de Benestar, dependentes da Consellería de Política Social; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Prezo da praza

 

As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, se é o caso, só se efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo; ou o día anterior ou o mesmo día no caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude no caso de solicitar a devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan o programa unha vez iniciado o mesmo, ou non se atopan nos supostos anteriores.

Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique e viceversa serán por conta da persoa participante.

 

Documentación

 

As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:

•       DNI ou pasaporte en vigor.

•       Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual ...etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.

•       Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.

•       Roupa cómoda.

 

Para mas información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Social http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores, ou dirixirse a:

•       Teléfono Social: 900 333 666 (gratuíto).

•       Os Servizos Sociais comunitarios dos concellos e os departamentos de servizos sociais de atención primaria e de atención especializada de saúde ou dos hospitais.

powered by social2s

voluntarios271017.jpgO Servizo de Voluntariado do Concello de Negreira súmase por segundo ano consecutivo, á campaña da oenegué Elfos y calcetines, para que ningún neno e nena quede sen o seu agasallo nas festas do Nadal.

 

As persoas que queiran sumarse á campaña recibirán no mes de decembro, unha carta dun neno ou nena, na que pedirá varios agasallos, dos que as persoas que se sumen a esta iniciativa poderán mercar só un, por un valor inferior a 30 euros.

 

A campaña foi presentada en Radio Negreira 107.0 FM polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, xunto coa coordenadora da mesma, Mertxe Álvarez, e maila coordenadora do Voluntariado, Laura Platas, agardando que a veciñanza de Negreira súmese á campaña por un Nadal sen diferencias.

 

Infórmate en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no número de teléfono: 687 054 635 (preguntar por Mertxe).

powered by social2s