pres_desfibrila2.jpgO desfibrilador externo semiautomático (DESA) está deseñado para aqueles casos de parada cardíaca que suceden fóra dos centros hospitalarios, xa que o seu sinxelo uso fai que o persoal non médico póidao manexar con seguridade e eficacia, seguindo as instrucións de uso que o desfibrilador indica en cada paso.


O DEA vainos a orientar e axudar nas situacións de urxencia vital. Cando o colocamos na vítima realiza a valoración da actividade do corazón e indicaranos claramente que accións debemos realizar. Son ordes sinxelas, directas e orientadoras, axudando aos primeiros intervintes a realizar a reanimación con éxito.


O Concello de Negreira acaba de adquirir dous equipos para a súa instalación en instalacións deportivas municipais. Un deles vai a estar dispoñible no Campo de fútbol municipal de Cepelo, e o outro, no Pavillón municipal de Pedra Mámoa, uníndose ao xa existente no Campo de fútbol Jesús García Calvo.


De cara ao seu correcto manexo, o Concello ven de levar a cabo un curso impartido por persoal da empresa Caryosa entre persoal do Concello como o encargado de instalacións deportivas e un coordinador da área de Deportes, así como entre responsables de clubes deportivos coa participación de: Clube de Tenis; Asociación Deportiva Nicrariense e Sociedade Deportiva Negreira, ademáis de monitores da Escola Deportiva de Fútbol Sala.

 

powered by social2s

xenteterra301117.jpgEste venres 1 de decembro preséntase no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 20:30 horas, o libro ¨Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade¨, que aborda aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala.

 

Os seus autores son os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Instituto Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.

 xente_e_terra.jpg

 

As presentacións do libro corren a cargo do director do centro, Adelino Pose Reino, e dos coordinadores e, cóntase con ilustracións de ex alumnos, vinculados aos campos profesionais do debuxo, da fotografía ou das Belas Artes. Trátase dunha homenaxe ó conxunto das parroquias barcalesas, a través da investigación e da escrita da mocidade que cursa bacharelato.

 

O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega, quen foi a encargada do limiar da obra.

 

No acto contarse coas intervencións do equipo de coordinación; da escritora Fina Casalderrey (autora do limiar); Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Adelino Pose Reino, director do IES Xulián Magariños, e do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Neste acto colabora a Banda Ateneo de Negreira que interpretará varias pezas musicais. 

powered by social2s

portada271117.jpgMáis de duascentas persoas camiñaron o pasado sábado en Negreira contra a violencia de xénero, na sexta Andaina para visibilizar o rexeitamento ao maltrato que anualmente promove o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), coincidindo co 25N.

 

grupo271117.jpg

 

Foi un percorrido circular polos paseos fluviales da vila ata a Casa do Concello, incluíndo a entrega de camisetas e unha chocolatada con rosca final no Centro Sociocultural. Os actos contaron coa presenza do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quen salientou que «o día máis feliz para todos nós é cando non haxa que facer esta andaina, porque sería por fin que se acabase a violencia contra as mulleres». Tamén interviu a concelleira de Emprego, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, quen lembrou as verbas que lle dicía o seu avó que «a muller polo simple feito de ser muller é maravillosa, podemos levar unha familia adiante, podemos levar unha casa adiante, temos os nosos empregos, temos un soldo desgraciadamente inferior ao dos homes, pero aínda así, intentamos loitar polo que é a igualdade», afirmou.

 

iriafreire271117.jpg

 

Durante o acto entregáronse os premios do sétimo Certame Loita contra a violencia de xénero, para escolares de Negreira.

 

O de mellor relato recaeu en Iria Freire Agra, alumna de 16 anos do IES Xulián Magariños, por ¨Diario en Braile¨, mentres que o de mellor cartaz gráfico foi para Alicia Campos Manteca e Noa Beiroa Pais, de 10 anos.

 

O acto concluíu coa lectura dunha poesía de Rosalía de Castro, da súa obra Cantares Gallegos, pola moza Iria Freire Agra

powered by social2s

foto271117.jpgPor Decreto de Alcaldía nº 201/2017, de data 17 de novembro de 2017, efectúanse pola Alcaldía, as seguintes delegacións:

 

1.- Na Xunta de Goberno Local:

a) Tódalas atribucións en materia de contratación de obras, servizos e subministros que sexan competencia da Alcaldía do Concello.

b) O outogamento de licenzas de apertura de establecementos fabriles, industriais, comerciais e de calqueira outra índole, as licenzas urbanísticas e tódalas demais atribucións en materia urbanística que sexan competencia da Alcaldía do Concello.

c) A autorización, disposición e recoñecemento de gastos.

 

2.- No Primeiro Tenente de Alcalde, don Manuel Angel Leis Míguez, as seguintes atribucións:

A xestión das competencias e a dirección dos servizos correspondentes ó área de Obras, Urbanismo, Parques e Xardíns. Esta delegación inclúe a facultade de resolver, por parte do Concelleiro delegado, mediante actos administrativos que afecten a terceiras persoas.

 

3.- Na Segunda Tenente de Alcalde, dona María Jesús Veiga Hortas, as seguintes atribucións:

A xestión das competencias e a dirección dos servizos correspondentes ó área dos Servizos Sociais e Educación. Esta delegación inclúe a facultade de resolver, por parte da Concelleira delegada, mediante actos administrativos que afecten a terceiras persoas.

 

Apróbase o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

powered by social2s

compartimos_plan.jpg

A área de Igualdade da Deputacion da Coruña anima cun vídeo a concellos e entidades a participar no proxecto “Compartimos Plan”. Ferrol, Ribeira, Betanzos e Negreira inauguran este mes as presentacións para a elaboración do diagnóstico de igualdade.

 

Un vídeo coa participación de persoas de distintos concellos da Coruña anima a tomar parte nas presentacións do proxecto “Compartimos Plan”, promovido pola área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña.

 

“Que é para ti a igualdade?” é a pregunta que inicia o vídeo co que a área de Igualdade da Deputación anima a concellos e entidades a participar no programa “Compartimos plan” que ao longo destes dous meses se presentará nas dezaoito comarcas da Coruña.

 

 

O Centro Sociocultural de Negreira acollerá a presentación o vindeiro martes día 28 de novembro. Xa no mes de decembro, a equipa de Compartimos Plan continuará o ciclo de presentacións participativas o día 1 en Padrón, o 11 en Arzúa e Melide, o 12 en Ordes, o 13 na Coruña e o día 14 en As Pontes e Ortigueira.

 

No propio vídeo a responsábel da área, Ánxela Franco, reivindica o compromiso das administracións na construción da igualdade e que as mulleres “non sexan tratadas como gastos”. Franco demanda investimentos públicos na loita das mulleres para acadar un futuro máis xusto e igualitario. 

 

Co plan preténdese identificar as necesidades en materia de igualdade de xénero presentes na sociedade, ao fin de deseñar novas actuación dirixidas a superar os desequilibrios existentes por razón de xénero. Ademais do persoal da Deputación, o proxecto busca implicar o persoal técnico dos 93 concellos así como o tecido asociativo e demais axentes chave con interese no proceso, e todas as asociacións e colectivos que traballan a favor da igualdade.

 

Despois deste programa de carácter informativo, iniciarase a segunda fase de diagnose, que abranguera a detección de necesidades en materia de igualdade de xénero a nivel local e provincial, así como a compilación dos diferentes programas, servizos e recursos existentes xa, na provincia. 

powered by social2s