compartimos_logo.pngA Deputación da Coruña convida a asistir ao foro de diagnose do proxecto ¨Compartimos Plan¨, na comarca da Barcala, este mércores día 4 de xullo, ás nove da mañá, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Este proxecto ten como finalidade realizar un estudo de diagnose das políticas de igualdade entre mulleres e homes, e de prevención da violencia de xénero na provincia. É un plan de acción dirixido a establecer liñas estratéxicas de actuación a nivel provincial.

 

No afán de que ¨Compartimos Plan¨ sexa un proxecto dinámico, participativo e colaborativo, está orientado á participación do tecido asociativo, centros educativos, centros de saúde, ou corpos de seguridade.

 

É importante que todas as persoas que asistan a este foro confirmen a súa asistencia a través da web: compartimosplan.com

powered by social2s

corteauga.jpgInfórmase que debido aos traballos de limpeza anual do depósito municipal de augas da Chanceira, o martes día 3 de xullo, procederase ó corte do fornezo de auga da traída municipal, dende as 15:00 ata as 20:00 horas, e que afectará aos seguintes núcleos:

 

- Zas

- Gonte

-Gándara

- Maio Pequeno

-Escola Unitaria de Río Seco

 

A rede considerase en presión a tódolos efectos xa que estes traballos poderían levar menos tempo do previsto. O servizo municipal de augas pide disculpas polas molestias que se poidan ocasionar, e para calquera dubidan convidan a chamar ós teléfonos 981 88 15 69 e 626 98 69 41.

powered by social2s

franxas190618.jpgO Concello de Negreira vén de poñer a disposición de toda a veciñanza, a través da web municipal, os planos de tódolos núcleos habitados das dezaoito parroquias do noso concello, coa correspondente sinalización das franxas de seguridade e as distancias para a limpeza de biomasa.

 

Os planos de cada núcleo pódense descargar directamente da web municipal, se ben, o Concello tamén facilitará a cada parroquia os planos para que poidan ser consultados nos locais sociais.

 

O 28 de decembro de 2017, a Xunta de Galicia aprobou as modificacións na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia. Uns cambios que afectan, entre outros, ás franxas secundarias; é dicir, á xestión da biomasa vexetal ao redor de núcleos habitados ou vivendas illadas.

 

O principal cambio é o que afecta ao solo urbán, e ao de núcleo rural e urbanizable. Amplíase de 30 a 50 metros a distancia que ten que estar rozada e onde non pode haber especies pirófitas, como piñeiros, eucaliptos ou acacias.

 

Ademais, nos 50 metros de franxa establecidos, as copas das árbores deberán distar como mínimo 10 metros das edificacións e nunca se poderán proxectar sobre os tellados das vivendas.

 

Máis información

powered by social2s

casaconcello250618.jpgO Concello de Negreira súmase aos actos da semana do orgullo 2018 coa colocación de sendas bandeiras arcoíris, que ondean na Casa do Concello e maila Casa da Cultura, así como cun acto este xoves 28 de xuño, no Día Internacional do Orguio LGTBIQ.

 

Esta actividade consiste nunha mostra de graffiti e muralismo, a cargo de Asten, artista da asociación Vella Escola, especializada en arte urbán. Este acto terá lugar este xoves 28 ao mediodía no Parque do Coto, polo que convídase á veciñanza a achegarse e desfrutar en directo da realización desta obra mural, cuxo traballo comeza o martes 26.

 

Dito graffiti xira entorno á temática do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ, incluíndo referencias á igualdade.

casacultura250618.jpg

powered by social2s

carballoso2.jpgO Concello de Negreira informa a toda a veciñanza dos horarios e lugares polos que pasarán as rutas de bus para asistir este domingo á romaría de San Xoán do Carballoso, na parroquia de Xallas, onde as misas comezarán a partir das dez da mañá, sendo a solemne á unha da tarde, seguida da procesión. Como tódolos anos haberá unha pulpeira e o xantar campestre. As actuacións musicais estarán a cargo da charanga Tíralle do aire e mailo grupo Iris.

 

Ruta da Andaina

 

Sairá ás 9:30 horas do bar Celta, en Negreira, para aquelas persoas que queiran facer a andaina dende a Ponte da Pedra (Liñaio), ata San Xoán. As persoas interesadas deben apuntarse na Delegación de Cultura e Deportes.

 

Ruta 1 (Negreira)

 

Saída do bar Celta, ás 10:30 horas, pasando por Negreiroa, Gándara, Gonte, Trece, Liñaio, Barbazán, Porqueira, Romarís e Fornos.

 

Ruta 2 (Portor)

 

Saída da parroquia de Portor (Local social), ás 9:45 horas pasando por Negreira, Zas, San Martiño, Broño, San Vicente, Portochancas, Pedralonga, Tuñas, Gorgal, Vilar de Xallas e Fornos.

 

Ruta 3 (Landeira)

 

Saída dende Landeira ás 10:00 horas pasando por Marcelle, Vilaserío, Bugallido, Cornado, Campolongo, San Tomé, Pesadoira, Quintela, Libreiro, Gorgal, Vilar de Xallas e Fornos.

 

Os buses voltan para Negreira, Portor e Landeira, a partir das sete da tarde.

 

Attachments:
Download this file (ruta san xoan.pdf)Ruta San Xoán
powered by social2s