bosas_200918_1.jpgNa Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos  Comarca de Barcala, dende fai anos, leváse a cabo un programa de concienciación ambiental cos/as usuarios/as do centro ocupacional, mediante diferentes actividades: informativas, de reciclaxe, ou visitas ao Punto limpio.

 

Este ano, e dende o programa de Mellora do Benestar persoal e social financiado pola Fundación Mª Esperanza Rubido Romero, decidiron dentro da campaña de eliminación de bolsas de plástico, facer unha proposta para os concellos de Negreira e A Baña, de bolsas de tela e cun deseño propio.

 

bosas_200918_2.jpg

 

Estas bolsas están en diferentes establecementos de Negreira que colaboran para a súa exposición e venda como son: Supermercado ErosKi; Parafaramacia A Boa Saúde; Comercial Corzán; Taberna O Seixo; cafetería Abrente; Bar O Cotón; Bar e panadería Rios; Vaqueros Lúa; Restaurante hospedaxe A Mezquita;  Casa da Cultura, e Oficina de Correos. Tamén no concello de A Baña.

powered by social2s

andaina_2018.jpgA 11ª Andaina Popular «Negreira no Camiño de Fisterra» que se celebra o sábado 29 de setembro, vai a ter unha camiñada de 25 quilómetros cunha dificultade media, a través da Ruta dos 3 Pazos (O Cotón, Baladrón e Albariña), duns 16 quilómetros, e co engadido de nove máis unha vez chegados ó punto de partida, polo Camiño de Fisterra na súa saída de Negreira polo Corpachón ata Zas, e dende alí, por un sendeiro, no que os participantes regresarán a Negreira polo paseo fluvial do río Barcala.

 

Con esta iniciativa preténdese potenciar e dinamizar o Camiño de Fisterra e Muxía, ao seu paso polo noso concello. 

 

Para facer efectiva a inscrición, podes chamar ó número de teléfono 981 885 886 ou enviar os datos a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A inscrición é de balde. Os datos a cumprimentar son os seguintes: nome e apelidos, data nacemento, DNI, localidade e teléfono de contacto.

 

A data límite para facer efectiva a inscrición é o xoves 27 de setembro as 14:00 h.

 

powered by social2s

parcelaria180918.jpgA Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da concentración parcelaria da zona de Aro-Campelo-Gonte, no concello de Negreira, que supón a determinación dos predios de reemplazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Trátase da reorganización de 6.252 parcelas que pasan a ser 1.274 predios pertencentes a 812 propietarios.

 

Este anuncio, que se vai publicar en breve no Diario Oficial de Galicia, foi asinado xa polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e permite dar un paso máis na finalización deste proceso que afecta 880 hectáreas e que ten un carácter principalmente forestal.

 

Nesta reorganización territorial lévanse investidos 2,5 millóns de euros destinados na súa meirande parte á execución da rede de camiños e a investimentos en servizos técnicos, como o levantamento topográfico ou a redacción das bases e do acordo, entre outros.

 

Ademais, co obxectivo de darlle un forte impulso a zona, estanse iniciando os traballos de colocación dos marcos dos novos predios. Traballo necesario e imprescindible para que os propietarios da zona podan empezar a traballar e plantar as súas novas parcelas.

 

Para explicar este acordo, e mailo resultado das alegacións presentadas por propietarios, o Concello de Negreira informa que haberá unha xuntanza o xoves 27 de setembro, ás 10.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A entrega da documentación das novas parcelas terá lugar nos seguintes días no Local Social da parroquia de Aro: días 2, 3 e 4 de outubro.

powered by social2s

tenis180918_1.jpgGrandes sensacións deixou o primeiro Open de Tenis ¨Val de Barcala¨ celebrado nas pistas do Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, cuxa espectacular final individual masculina gañouna o tenista asturiano Roberto Menéndez, campión mundial de máis de 40 anos neste 2018 e tres veces campión de Europa, ante o xoven Alberto López, por 7/5 e 6/1.

 

Nas semifinais do sábado, Roberto Menéndez venceu por 6/4 e 6/4 a Yahir Alcolea, outro dos favoritos como vixente campión de Castela-A Mancha, mentres que Alberto López eliminaba a Carlos Tajes 6/0 e 6/3.

 

 

Tamén desfrutamos dunha bonita final feminina entre dúas promesas de tenis galego como Adriana Subias e Patricia Aspron (6/0 e 6/2), para Adriana, quen en semifinais apeou do torneo a Lucía Martínez (6/2 e 6/3), mentres que a súa rival na gran final, Patricia Aspron, eliminou a Belén Hermo (6/2 e 6/3).

 

tenis180918_2.jpg

 

A entrega de trofeos e premios en metálico de 300 e 160 euros, respeitivamente, para o gañador/a e finalistas, contou coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, así como do concelleiro de Deportes, José Daniel Casal Leis, e maila segunda tenente de alcalde, María Jesús Veiga Hortas.

powered by social2s

escolasdep2018.jpgO Concello pon en marcha un novo curso das Escolas Deportivas e Culturais co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades entre a veciñanza. Todas as actividades comezarán no mes de outubro.

 

Para facer efectiva a inscrición, deberase cubrir a folla de inscrición e ingresar o importe da taxa na conta bancaria do Concello de Negreira. Unha vez realizado os dous pasos terase que entregar a documentación na Delegación de Cultura e Deportes. O prazo remata o día 11 de outubro.

 

Prezos

 

40€ por persoa

35€  máis dun membro dunha familia ou dunha escola deportiva

30€ máis de dous membros dunha familia ou dúas escolas deportivas

50€ Ximnasia de mantemento e aeróbic

40€ Ximnasia de maiores

Lémbrase que as actividades de Multideporte e Predeporte son de balde.

 

Escolas Deportivas. Aprender coa actividade física

 

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo; aeróbic; baloncesto;  fútbol sala; multideporte; patinaxe; predeporte; pádel; tenis; xadrez;  ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica. Dous coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.

 

Escolas Culturais. Fomentando a creatividade

 

Un dos maiores compromisos foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a súa oferta. Para este curso a oferta componse das seguintes actividades: Escola de teatro; Obradoiro de danza tradicional; pandeireta; sevillanas; informática para nenos, e pintura e gravado.

 

Díptico Escolas Deportivas 2018-19.pdf
FOLLA INSCRICIÓN ACT. CULTURAIS.pdf
FOLLA INSCRICIÓN ACT. DEP. ADULTOS.pdf)
FOLLA INSCRICIÓN ACT. DEPORTIVAS.pdf)

powered by social2s