O Concello de Negreira informa que os luns, días 24 e 31 de decembro, de 2018, cadrando coa celebración da Noiteboa e mailo Fin de ano, nas dependencias municipais da Casa do Concello só permanecerá aberto ao público, o Rexistro Xeral, en horario de 10 a 13 horas. As oficinas administrativas, e mailos servizos Sociais, de Emprego e de Urbanismo, permanecerán pechados ao público en xeral.

 

Igualmente, tamén permanecerán pechadas ao público as instalacións da Casa da Cultura e mailo Centro Sociocultural, nas xornadas do 24 e o 31 de decembro.

powered by social2s

noel1.jpgA Aula da Rede CeMIT, no Centro Sociocultural de Negreira, acolleu hoxe sendas videoconferencias con Papa Noél, tanto para os 15 usuarios e usuarias do centro ocupacional da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, como para un grupo de nenos e nenas, pertencentes ás escolas infantís de Aro e Lañas.

 

noel2.jpg

 

As videoconferencias con Papá Noél tiveron unha duración máxima de trinta minutos, durante as cales, houbo tempo para que falasen con Papá Noél e interesarse polas súas cartas e peticións de agasallos para estas festas do Nadal.

 

noel3.jpg

powered by social2s

nadal2018.jpgUnha vintena de actividades conforman un ambicioso programa cultural e deportivo do Nadal 2018 en Negreira, ao longo de catro semanas, entre o 10 de decembro e mailo 5 de xaneiro de 2019.

 

Teatro, música, festivais, torneos deportivos, e mailos tradicionais obradoiros DiverNadal, ou a gran Cabalgada de Reis, integran unha programación cultural para tódalas idades, aínda que máis centrada no público infantil.

 

No mes de decembro, destaca o musical da asociación Aspas: ¡Peter. Volamos! o venres 14, ás nove da noite no Auditorio; ou o fallo do VII Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro, o xoves 20 ás 19.30 horas, coa actuación do Coro Sénior da Universidade de Ferrol; o Gran Festival de Nadal, o sábado 22 ás seis da tarde; e mailo Festival de Nadal da Escola de Teatro, o xoves 27 ás seis da tarde.

 

I Carreira do Turrón

 

No eido deportivo, en decembro vánse celebrar o Torneo de Xadrez (domingo 23), de 11 a 13 horas, na Casa da Cultura, e mailo Torneo de Baloncesto Escolar (sábado 29), a partir das nove da mañá, no Pavillón de Pedra Mámoa. O último sábado do 2018 celebrarase ademáis, a primeira Carreira do Turrón -dunha distancia de 4 quilómetros-, con saída ás 16:30 horas dende o CEIP O Coto.

 

A programación de Nadal estrea o 2019 con teatro. O xoves 3 de xaneiro actuará a compañía Malasombra Teatro, coa súa montaxe: The Fantastic Cleanner´s, ás seis da tarde, no Auditorio.

 

E o sábado 5 terá lugar a Gran Cabalgada de Reis, que partirá ás 17:00 horas do Campo da Feira, e a recepción á comitiva real dende o balcón da Casa do Concello, unha hora despois, para rematalo percorrido no Pavillón Escolar do Coto, coa entrega de agasallos.

 

DiverNadal

 

Os Obradoiros de manualidades para idades infantís terán lugar nas seguintes datas: 22, 24, 26, 27, 28, 29 e 31 de decembro e, o 2, 3 e 4 de xaneiro, no Centro Sociocultural. Hai que anotarse na Delegación de Cultura, en horario de mañá.

 

Programación de Nadal en Negreira.

 

powered by social2s

cartelnadal2018.jpgO debuxo que foi elaborado polos nenos e nenas da Aula de 6º curso ´C´, de Infantil, do Colexio O Coto, é o gañador do Concurso de Cartaces que anuncia a programación navideña e felicita as festas de Nadal do Concello de Negreira.

 

Nosa noraboa a todos eles e a súa profesora polo traballo realizado, cuxo premio consiste nun vale agasallo por valor de 100 € para cambiar en comercios de Negreira.

 

Este galardón vailles ser entregado na tarde do día 5 de xaneiro, durante a celebración da Gran Cabalgada de Reis, na recepción que as súas Maxestades ofrecerán aos nenos e nenas do noso concello, no Pavillón do CEIP O Coto.

 

Attachments:
Download this file (cartelnadal2018.pdf)Cartel Nadal 2018
powered by social2s

festivoslocais041218.jpgDando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, polo que se determinan as festas locais, a Corporación Municipal do Concello de Negreira, en sesión ordinaria do Pleno de data 12 de novembro de 2018, ratificou o decreto de Alcaldía, número 205/2018, de data 17 de outubro de 2018, polo cal establécense as festividades locais de Negreira para o vindeiro ano, determinadas como inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito do concello.

 

As datas establecidas son:

- Venres, día 12 de xullo. Festa de San Cristovo

- Luns, día 16 de setembro. Festa de Santa Margarida

powered by social2s