itv_ciclomotores070119.jpgInformámos que a unidade móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira na seguinte data e ubicación:

- O 27 de febreiro. De 9:00 a 13:30 horas

- Ubicación: Campo da feira

 

Para solicitar cita previa:

- Por teléfono: 902 30 90 00

- A través da web: www.sycitv.com – Cita previa

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.

powered by social2s

DSC 0458

Os Reis Magos ultiman a súa chegada a Galicia e, en particular, de cara a participar na Cabalgata de Reis en Negreira durante a tarde do sábado 5 de xaneiro, acompañados polos paxes reais que este ano estrean traxe. O desfile arrincará ás 18:00 horas dende o Campo da Feira, coa recepción oficial na Casa do Concello, onde as súas Maxestades saudarán a tódolos nenos e nenas dende o balcón consistorial, sendo recibidos polo Alcalde.

 

Novidades

Este 2019 a Cabalgata de Reis contará cunha gran animación, a cargo de personaxes de Elfos e de Disney, de muñecos con luces, zancudos, os Xigantes de Liñaio, ademáis de dous vehículos con agasallos, gaiteiros e a Banda Municipal de Música.

Os Reis Magos pasearán por Negreira nas súas carrozas engalanadas. Está previsto que pasen pola Carreira de San Mauro, a avenida de Santiago, a rúa Fonte do Carme, Castelao, Rosalía de Castro, avenida das Brañas, Cachurra e a rúa do Carme. Trala recepción, continuarán o seu percorrido polo Camiño Velo e a rúa do Corzán, ata chegar ao pavillón do colexio do Coto. Durante o percorrido da Cabalgada, vaise a cortar ao tráfico as rúas afectadas, polo que prégase a colaboración veciñal. E diante da Casa do Concello, acotarase o espazo necesario sen aparcamento de coches.

 

A festa

Os nenos e as nenas que visiten aos Reis Magos durante a festa no pavillón escolar recibirán un agasallo e poderán entreterse cos personaxes de Disney, os Elfos e toda a animación participante na Cabalgada.

 

Podes consultar aquí o percorrido

powered by social2s

A Asociación Deportiva Nicrariense (ADN), fixo entrega hoxe ao Concello de Negreira, da axuda solidaria recollida durante a celebración do segundo Torneo de Nadal, o pasado sábado 29 de decembro, nas instalacións do campo municipal de Cepelo.

Trátase de alimentos non percedeiros que foron doados aos Servizos Sociais Comunitarios para a súa posterior entrega entre as familias con menos recursos do concello, nun acto ao que asistiu o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

powered by social2s

O primeiro Torneo de Nadal ¨Concello de Negreira¨, de xadrez, contou coa participación de xogadores de Negreira e de comarcas próximas, destacando a presenza de David Cernadas, campión galego Sub-12, de A Pobra do Caramiñal, ou Iago Fernández, campión galego Sub-10, de Noia, nun evento que estivo coordinado por Alberto Dios.

No torneo participaron máis de 30 xogadores, quedando como campión David Cernadas, ó facer pleno de 5 victorias. Seguirían a este no escalafón, Iago Fernández e Nicolás Amado.

 

 

En canto á clasificación por idades, compre dicir que o primeiro Sub-14 foi Miguel González, seguido de Pedro Varela e de Hugo Domínguez Conde. Finalmente, os premios locais recaeron como primeiro Sub-14 en Hugo Domínguez Búa; primeiro Sub-10 en Daniel Santomil e, primeiro Sub-8 para Xabier Tosar.

 

powered by social2s

Trátase dun espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos. Unha fantástica experiencia visual para participar toda a familia, este xoves día 3 de xaneiro, no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 18:00 horas, dentro da programación de Nadal, e a cargo da compañía Malasombra producións dirixida polo actor Xoque Carbajal, a quen acompaña Jouse García.

O autor alicantino Luís Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros), dirixe a parte técnica deste espectáculo.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade, as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes dous personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repreto de milleiros de pompas de xabón.

powered by social2s