contedores100119.jpgA nova empresa concesionaria do servixo de recollida do vidro no concello, dacordo ao convenio que o Concello mantén con Ecovidro, iniciou esta semana as tarefas de limpeza dos contedores verdes e unha mellora na súa distribución, e nos cales se depositan este tipo de residuos, segundo o acordado para a prestación do servizo.

 

puntolimpo100118.jpg

 

Ascán, é unha empresa especializada na recollida de residuos, e que desde o pasado mes de decembro, tamén asumiu a recollida dos envases de plásticos dos contedores amarelos no noso municipio, así como a xestión do Punto Limpo, sito no Parque Empresarial, que mantén o horario de atención ó público:

 

* Luns a xoves: 09:00 a 13:00 horas

* Venres: 09.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas

* Sábados : 09:00 a 14:00 horas

Os domingos e festivos, a instalación permanecerá pechada.

powered by social2s

xeadas090118.jpgO Concello de Negreira continúa co dispositivo especial para esparexer sal na rede viaria municipal contra as xeadas, a través do servizo que prestan os voluntarios de Protección Civil, e co compromiso de dar resposta a todas as peticións dos veciños.

 

Desde o Concello facemos un chamamento á veciñanza para que chamen se teñen problemas con zonas ou puntos perigosos pola presenza de placas de xeo.

 

O número de teléfono de Protección Civil para avisos por mor das xeadas é o: 673 359 936.

powered by social2s

vacina080119.jpegO Concello de Negreira informa que durante todo o presente mes de xaneiro, pódense solicitar as axudas municipais para as vacinas de meninxite B nos Servizos Sociais Comunitarios, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá.

 

Os beneficiarios serán menores de 18 anos daquelas familias en situación de precariedade económica e, a quenes o seu médico ou pediatra lles dispensara a citada vacina.

 

Para máis información: 981 885 381.

powered by social2s

quendixomedo.jpgOs nosos parabéns para a alumna do instituto Xulián Magariños, Alicia Romarís Valeria, como gañadora do II Concurso de Pintura mural convocado pola campaña ¨Quen dixo medo¨, da Área de Igualdade da Deputación da Coruña.

 

Desde a campaña Quen dixo medo, farán entrega este xoves 10 de xaneiro, no propio centro, do premio consistente nun reproductor de música ipod de 32 gb e poderá plasmar a súa obra nun espazo habilitado polo Concello para tal fin.

powered by social2s

compartimosplan.jpgUnha vez rematada a fase de diagnose, a Deputación da Coruña ten o pracer de convidarvos aos foros propositivos e de priorización do proxecto ¨Compartimos Plan¨, na comarca de Barcala, este xoves día 10 de xaneiro, ás 9:00 horas, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Nestes foros analizaranse e priorizaranse as liñas de acción das futuras políticas de igualdade provinciais, polo que é moi importante a participación neste proxecto, xa que terá un importante impacto nas políticas de igualdade locais e comarcais, en canto orzamentos, servizos e recursos.

 

No afán de que Compartimos Plan sexa un proxecto dinámico, participativo e colaborativo, a este foro estades convidadas todas as persoas que podades ofrecer achegas no relativo ás políticas de igualdade e de prevención de violencia de xénero, polo que está aberto a persoal técnico, persoal político, tecido asociativo, centros educativos, corpos e forzas de seguridade, centros sanitarios, tecido empresarial, etc.

 

Para unha adecuada organización do foro, é importante que todas as persoas que asistan ao mesmo confirmen a súa asistencia pulsando na imaxe ou na web http://compartimosplan.com/

powered by social2s