O Auditorio de Negreira albergará unha das tres fases de zona do Club de debate previas á gran final de 2019 e dentro da iniciativa que desenvolven os equipos de Normalización Lingüística. Será o venres día 5 de abril, nas instalacións do Centro Sociocultural, e coa participación dun equipo do instituto Xulián Magariños, en representación do Concello de Negreira, así como centros educativos de Rianxo (IES Félix Muriel), Dodro (CPI Lourenzo Baleirón), e de Ferrol e Oleiros.

 

A primeira toma de contacto produciuse o pasado luns en Rianxo, cunha xornada de preparación e un simulacro para os equipos participantes na fase de zona de Negreira, e que xunto coas de Pontevedra e Ames, decidirán os equipos que se clasifican para a gran final.

 

¨Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación¨, é a temática escollida polos centros de ensino participantes na fase de zona de Negreira. Participan equipos mixtos de entre 4 e 10 estudantes de 3º e 4º da ESO, e de 1º de bacharelato e ciclos formativos.

powered by social2s

entroido080219.jpgO desfile a cargo dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal o venres 1 de marzo, marcará o inicio das festas do Entroido de Negreira, que un ano máis terá no desfile de carrozas e comparsas do sábado o seu momento culminante.

 

O Concello preparou un amplo programa festivo que o venres pola noite inclúe a Iª Concentración de Charangas a cargo das formacións "Tíralle do Aire" de Negreira, "Os Celtas" de A Baña e os "Gaitas Blues" de Outes.

 

O sábado é cando toda a comarca de Barcala vive unha das xornadas máis agardadas do ano coa celebración do gran desfile de carrozas e comparsas que repartirá máis de 6.000 euros en premios.

 

PROGRAMA ENTROIDO 2019

 

- Venres 1 de marzo:

 

12:00 h. Desfile de Entroido a cargo da Escola Infantil, polas rúas de Negreira.

22:00 h. Iª Concentración de Charangas, pasacalles a cargo das formacións "Tíralle do Aire" de Negreira, "Os Celtas" de A Baña e os "Gaitas Blues" de Outes.

 

- Sábado 2 de marzo. Gran desfile de Carrozas e Comparsas.

 

Ás 16:00 h. Concentración no Campo da Feira.

Ás 17:00 h. Comezo do desfile.

Ás 18:00 h. Pregón do Entroido.

Ás 20:00 h. Entrega de Premios na Praza do Concello. Actuación do Grupo Ciclón (haberá unha gran carpa).


CARROZAS     COMPARSAS    IND./PARELLAS    GRUPOS
 1º  1.000 €        1º  1000 €          1º    150 €             1º  250 €
 2º     600 €        2º    600 €          2º    100 €              2º  150 €
 3º     300 €        3º    300 €          3º      50 €              3º  100 €
 4º     150 €        4º    150 €   

1º accésit 100 €      1º accésit 100 €        

2º accésit 100 €      2º accésit 100 €       
 
Premio copla “Juan Varela Areoso”:  100 €

 

- Domingo 3 de marzo. Gran baile de disfraces para maiores.

 

A partir das 19:00 h. no Centro Sociocultural, baile de disfraces a cargo dun dúo musical.

 

Premios:

- Mellor parella: Cea nun restaurante

- Mellor grupo (máximo catro persoas): Xantar nun restaurante

- Mellor caracterización: Cafeteira TASSIMO

 

- Luns 4 de marzo. Baile infantil de disfraces no Centro Sociocultural.


Ás 17:00 h. Entrada no Centro Sociocultural.
Ás 18:00 h. Comezo do desfile do concurso.


Premios:

Grupo A (1 a 6 anos)

1º Cheque regalo (valor 120 €)
2º Cheque regalo (valor 70 €)
3º Cheque regalo (valor 50 €)

 

Grupo B (7 a 16 anos)

1º Cheque regalo (valor 230 €)
2º Cheque regalo (valor 100 €)
3º Cheque regalo (valor 50 €)

 

Máis información:

Teléfono 981 885 886, e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Fotos Entroido 2018 

 

powered by social2s

ados.pngA Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, quen suministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia, informa do desprazamento a Negreira dunha das súas dez unidades móbiles que percorren os concellos galegos, este luns 11 de febreiro, no seguinte horario:

 

- De 9:30 a 14:30 horas

- De 16:00 a 21:00 horas

 

Devandita unidade móbil permanecerá estacionada diante do Centro de Saúde, na rúa de Castelao.

 

Segundo o semáforo do sangue, as reservas dos principais grupos sanguíneos para a semana do 11 ao 17 de febreiro, indica que os grupos A Negativo e A Positivo están nun nivel baixo (cor laranxa), mentres que as dos grupos Cero Negativo e Cero Positivo, atópanse en niveis normais (cor amarela).

 

Son moitos os motivos para doar, non o esquenzas. Comparte saúde. Doa sangue de tódolos grupos sanguíneos para atendelas 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

powered by social2s

cortedeagua.jpgDebido aos traballos de limpeza anual do depósito de auga potable do servizo de abastecemento do Concello de Negreira, infórmase que o mércores día 13 de febreiro, dende as 23:00 horas, ata as 6:00 horas do xoves 14 de febreiro, producirase un corte no fornezo de auga da traída municipal que afectará a toda a rede de Negreira, a cal considerarase en presión a tódolos efectos.

 

Para calquera consulta poden chamar aos seguinets números de teléfono do Servizo Municipal de Augas do Concello de Negreira:

 

* 626 986 941

* 981 881 569

powered by social2s

emprego_oferta.jpgO Concello de Negreira informa da orde que establece as bases para a promoción e consolidación do emprego autónomo, a través dos seguintes programas:

 

• Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo.
• Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.


O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de setembro de 2019.
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta en autónomos ou mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.


Máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Negreira e no seguinte enlace:

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190125/AnuncioG0424-271218-0002_gl.pdf

powered by social2s