Aquelas asociacións sen ánimo de lucro que queiran ter un posto na rúa na XI Feira do Románico deben entregar unha solicitude no rexistro do Concello.
O prazo para resolver o trámite remata o luns 28 de agosto ás 14h.
O modeo para cubrir está dispoñible no propio rexistro ou tamén a través da seguinte ligazón.
O Servizo Local de Emprego informa dunha nova convocatoria do programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) para a agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra.
A idade mínima dos/as participantes é de 18 anos e as solicitudes presentaranse coa ficha de inscrición (anexa ao anuncio e bases, colgadas nas webs dos dous concellos participantes) nos Rexistros Xerais dos concellos de Negreira e Val do Dubra.
O novo prazo de presentación de solicitudes vai dende o 14 ó 18 de agosto, ambos incluidos, e o número de mobilidades ofertadas son cinco (Reino Unido 3 e Finlandia 2), cunha duración de tres meses.
- Mails de contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Teléfonos de contacto: 881.035.150, 881.035.162, 981.889.000
Máis información:
www.concellodenegreira.gal
www. valdodubra.gal
Xa se poden consultar as listaxes de admitidos para Reino Unido e Finlandia dos participantes no Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) promovido polo Concello de Negreira en colaboración co Concello de Val do Dubra.
O luns 14 de agosto abrirase de novo o prazo para cubrir as vacantes, seguindo as mesmas bases e criterios de baremación establecidos. As persoas que están nesta listaxe definitiva xa teñen praza reservada en estes paises e non entran en concorrencia coas novas solicitudes. As prazas vacantes serían 3 para Reino Unido e 2 para Finlandia.
Acta da listaxe definitiva de Galeuropa
Programa Galeuropa
Falta pouco máis de medio mes para a celebración desta gran cita no noso Concello.
Entre o 1, 2 e 3 de Setembro Negreira volverá retroceder no tempo para converterse nunha vila do románico.
Se queren estar ao tanto sobre toda a actualidade deste evento poden facelo a través da súa nova páxina de Facebook: "Feira do Románico Negreira 2017". Ou tamén no seu perfil de Twitter: @FeiradoRomanico.
Os datos recollidos dende a Oficina Información ao Peregrino revelan que no pasado mes pasaron pola nosa vila máis de 1.116 camiñantes.
Curiosamente, o número de visitantes reduciuse levemente con respecto ao mes de xuño, no que a cifra era de 1.130. Aínda así, hai que ter en conta que non todas as persoas que chegan á nosa vila quedan rexistradas nos datos da caseta de información, polo que o número é superior.
En canto á súa procedencia, a maioría foron españois, seguidos de italianos, franceses, alemáns, ingleses e estadounidenses. Tamén houbo persoas que chegaron dende lugares como Eslovenia, Letonia, Taiwan ou Malasia.
A maioría deles foron homes e a franxa de idade máis común foi a dos 35 aos 60 anos. Ademais, o 98% facían o Camiño de Fisterra por primeira vez, mestres que un 2% optou por repetir.
Entre as principais motivacións, a que máis trunfa é a ociosa, combinada coa deportiva e coa espiritual.
Páxina 135 de 191