ermita2.jpgA delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira programou un roteiro de sendeirismo o domingo día 23 de xuño, de aproximadamente uns 16 quilómetros de percorrido circular cun nivel de dificultade media.

 

Esta primitiva ruta de peregrinación, comeza próxima a Vilar de Ordoeste, en Liñaio, cara á Ermita de San Xoán do Carballoso en Forniños, en Xallas. A ruta atravesa unha antiga ponte Romana sobre o río Corzán, restaurado pola asociación de veciños da contorna.

 

A saída en autobús, dende o campo da feira de Negreira, será ás 09:00 horas. Nesta actividade será preciso que cada participante leve a súa comida e bebida para a ruta. A volta está programada para ás 18:00 horas, tamén en autobús.

 

Inscricións: no 981 885 886 ou en Cultura e Deportes.

powered by social2s

concertos150519.jpgO Concello de Negreira presentou hoxe un avance dos artistas confirmados para os concertos do Verán Cultural como son: Roi Casal; Sés; Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, e as pandereteiras de Leilía.

 

O primeiro en actuar será o músico Roi Casal, co seu espectáculo ¨Son galego, son cubano¨, o sábado 13 de xullo, dentro do programa das festas de San Cristovo. Seguiralle unha das artistas máis seguidas do panorama galego como é a cantante coruñesa María Xosé Silvar, Sés, quen actuará coa súa banda en Negreira o venres 19 de xullo pola noite, sendo cabeza de cartel do festival Nicrarock.

 

E na Noite Folk repite Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, quenes actuarán o sábado 17 de agosto no Refuxio de Covas, xunto coa actuación das pandereteiras Leilía, quenes regresan ao festival folk no que xa actuaron hai uns anos.

powered by social2s

ximiela_web140519.jpgA programación da Primavera Deportiva e Cultural do Concello de Negreira achega este venres 17 de maio, festividade das Letras Galegas, o espectáculo Raigame, a cargo da Agrupación de Folclóre Galego Ximiela, de Louro (Muros). A cita é a partir das 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural e as entradas pódense retirar en venda anticipada por 3 euros na Delegación de Cultura, en horario de mañás.

 

Raigame é un espectáculo de 2 horas de duración, no que participan 64 músicos e bailaríns, ademais de dous actores e catro técnicos. Está baseado nunha das historias que marcou a Galicia nos dous últimos séculos, a emigración. A montaxe divídese nun total de 15 actos, cada un co seu correspondente vestiario, que tratan de mergullar ao espectador nunha historia contada en primeira persoa e que marcou a Galicia nos dous últimos séculos, a emigración.

 

Cada un dos seus quince actos conta co seu correspondente atrezzo, e sumerxen aos espectadores nunha historia contada de primeira man, na que a emoción e a veracidade coa que os actores a representan, fan que máis dunha vágoa se vise no teatro. Recollen o sufrimento dos máis de un millón de galegos e galegas, e todas as súas familias, que sufriron, e sofren, a soidade da emigración.

powered by social2s

pleno_portada140519.jpgA Corporación Municipal de Negreira aprobou os orzamentos municipais para o exercicio 2019 na última sesión ordinaria do pleno celebrada este luns 13 de maio. Fíxoo cos seis votos dos concelleiros do equipo de goberno do PSOE e mailo voto de calidade do alcalde, desfacendo o empate tras dúas votacións, logo do voto en contra dos cinco concelleiros do Partido Popular e mailo da concelleira de Ciudadanos, e coa ausencia do edil non adscrito, José Manuel López Lago.

 

Os orzamentos xerais do Concello de Negreira ascenden a 5.040.718,35 euros, tanto no capítulo de ingresos como no de gastos. No primeiro capítulo, o Concello prevé un total de ingresos correntes de 4.693.747 euros e de 346.970 euros de ingresos de capital. As maiores partidas de ingresos corresponden a transferencias correntes (2.412.197); impostos directos (1.628.500), e taxas, prezos públicos e outros ingresos por 614.090 euros.

 

No capítulo de gastos resérvase para gastos correntes a cantidade de 4.552.347 euros, dos que a maior cuantía é para persoal (2.258.000); gastos correntes e servizos (2.000.908), e investimentos reais con 339.825 euros.

 

Tanto o Partido Popular como Ciudadanos expresaron o seu rexeitamento aos orzamentos no seu desacordo por ter sido levados a pleno faltando tan pouco para rematar a lexislatura. O PP criticou o feito de que coa previsión de máis ingresos por impostos directos, baixen un 10% os investimentos reais. Ciudadanos mostrou a súa disconformidade por non terse abordado no pleno municipal o gasto do Fondo de Cohesión Social e porque rómpense a estabilidade orzamentaria.

 

A Corporación Municipal tamén aprobou, por unanimidade, a adhesión do Concello de Negreira, á Asociación ¨Los pueblos más bonitos de España¨, quen propuso incorporar ao núcleo de A Ponte Maceira, a súa listaxe de pobos con esta distinción.

powered by social2s

campeones_portada130519.jpgO sábado, pechando a xornada de Clausura das Escolas Deportivas, tiveron lugar os partidos da fase final da Copa de Fútbol Sala dos concellos de Santa Comba e Negreira.

 

Enfrontábanse polo terceiro e cuarto posto os equipos de Autoescola Antonio e a Autoescola Alvespa, o partido rematou nun empate a tres, e a quenda de penaltis decidiu que o equipo negreirés, Autoescola Antonio, se quedase co terceiro posto.

 

subcampeones130519.jpg

 

Acto seguido, tivo lugar a gran final, entre os equipos de Covas FT e Autoescola Mata, unha final rifada que acabou cun empate a catro tantos. De novo, foi a quenda de penaltis a que decidiu ao vencedor. Nesta, impúxose o negreirés equipo de Covas FT ante o maior atino baixo paos do seu porteiro.

 

trofeo_campeonesweb.jpg

 

A entrega dos trofeos realizárona o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño e a técnica de Deportes de Santa Comba, Elisa Capelo.

 

trofeo_subcampeonesweb.jpg

powered by social2s