portada_banda210519.jpgDurante o concerto das Letras Galegas ofrecido pola Banda de Música Ateneo de Negreira en colaboración coa escola de pandereteiras e maila murga do Obradoiro de Música Tradicional (OMT) Ultreia, de Compostela, o pasado sábado 18 de maio, presentouse o documental sobre a conmemoración dos 20 anos de existencia da Banda Ateneo, que repasa como foron os comezos da xoven banda, co testemuño dalgúns dos seus directores como o primeiro e fundador, Vicente Martín; ou Fernando Rey, profesor de trompeta no Conservatorio de Música de Santiago, así como Simón Couceiro, clarinete-requinto na Banda Municipal de Santiago que tamén pasou pola Banda Ateneo, ata chegar ao actual director, Raúl Martín Niñerola.

 

Aquí podedes ver o documental con producción, dirección, gravación e montaxe, a cargo do equipo de Teen Records.

 

Documental da Banda Ateneo

 

 

powered by social2s

Co gallo da festividade de Santa Rita, patroa da Administración local, o Concello de Negreira informa a toda a veciñanza que o mercores, día 22 de maio, os servizos municipais da Casa do Concello e maila Casa da Cultura, van permanecer pechados ó público.

powered by social2s

portada_certames16052019.jpgDentro dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2019, este mércores 15 de maio, o Concello fixo entrega dos premios tralo fallo do xurado dos XIV Certames de pintura ¨Negreira en cor”, e ¨Cóntame un conto¨, nun acto desenvolvido no Auditorio do Centro Sociocultural, ademáis foron os actos de clausura e entrega de diplomas aos participantes na Escola Municipal de Pandereita

 

Gañadores certame de contos

 

1º premio - Lara López Suárez co seu relato Atada por Amor.

2º premio - A clase de 5ºB do CEIP O Coto co seu relato conxunto: ¨De súpeto¨.

3º premio - Andrea Losada Noya co seu conto: ¨As costureiras de Mondoñedo¨.

 

Gañadores do certame de pintura

 

Este certame dividiuse en dúas categorías cun corte na idade dos participantes. A primeira categoría, os nenos e nenas participantes de entre seis e doce anos, repartironse os premios da seguinte maneira:

 

1º premio - Ayla Amigo Agra coa obra: ¨La puerta del arte¨.

2º premio - Celia Lista Vieito coa súa obra: Qué ola!.

3º premio - Lidia Núñez Forján coa súa obra: Primavera.

 

A segunda categoría, para mozos de entre trece e dazaoito anos, decidiuse da seguinte maneira:

 

1º premio - Paola Enjo Lueiro ca sua obra: (Sen título).

2º premio - María Lista Vieito ca súa obra: Vaia Pelos!.

3º premio - Julián Rey Temes e a súa obra: “Amigos Rosas”.

 

pie_certame160519.jpg

powered by social2s

vilachan160519.jpgO Concello de Negreira encargou unha análise das augas que verte a Fonte de Vilachán, a máis usada polos veciños e veciñas da vila e arredores, de cara a coñecer se os seus parámetros son os adecuados para o consumo das persoas.

 

A análise realizada o pasado día 30 de abril confirmou os niveis de saubridade suficientes, e o Concello anuncia que, tras ver os resultados favorables do informe, a auga da Fonte de Vilachán é apta para o consumo.

powered by social2s

ermita2.jpgA delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira programou un roteiro de sendeirismo o domingo día 23 de xuño, de aproximadamente uns 16 quilómetros de percorrido circular cun nivel de dificultade media.

 

Esta primitiva ruta de peregrinación, comeza próxima a Vilar de Ordoeste, en Liñaio, cara á Ermita de San Xoán do Carballoso en Forniños, en Xallas. A ruta atravesa unha antiga ponte Romana sobre o río Corzán, restaurado pola asociación de veciños da contorna.

 

A saída en autobús, dende o campo da feira de Negreira, será ás 09:00 horas. Nesta actividade será preciso que cada participante leve a súa comida e bebida para a ruta. A volta está programada para ás 18:00 horas, tamén en autobús.

 

Inscricións: no 981 885 886 ou en Cultura e Deportes.

powered by social2s