A Dirección Xeral da Policía Nacional comunicou ao Concello de Negreira, as datas do ano 2021 nas que o Equipo Móvil da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela se desprazará a Negreira para a renovación do Documento Nacional de Identidade (D.N.I.), e que son as seguintes:
A listaxe para cada renovación sempre está aberta ata chegar ao límite de prazas, que son 45 por cada día de realización do documento, e que para apuntarse é necesario chamar ao Concello: Tlf. 981 885 250
O horario de atención é de 09:00 a 12:30 horas.
O lugar de expedición é a planta baixa do Centro Sociocultural.
A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión do seu Pleno, que terá lugar, con carácter ordinario o vindeiro luns día 11 de xaneiro de 2021, ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte orde do día:
1º.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:
- Acta da sesión extraordinaria e urxente de data 27 de agosto de 2020
- Acta da sesión ordinaria de data 14 de setembro de 2020
- Acta da sesión extraordinaria e urxente de data 17 de setembro de 2020
- Acta da sesión extraordinaria de data 30 de outubro de 2020
- Acta da sesión ordinaria de data 9 de novembro de 2020
2º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 191/2020 ó nº221/2020, ambos inclusive.
3º.- POS + ADICIONAL 1/2019 2ª FASE.- Ratificación, se procede, do decreto de alcaldía número 207/2020, de data 27 de novembro de 2020.
4º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. en relación ao aparcamento construido na Ponte Maceira.
5º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. relativo a adquisición, polo Concello, de determinados inmobles.
6º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. relativo a proxectos de obras a financiar a través do POS +2021 da Deputación Provincial da Coruña.
7º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. en relación ás fervenzas do río Corzán.
8º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. relativo ao legado megalítico existente neste concello.
9º.- Rogos e preguntas.
As nenas e nenos do Concello de Negreira están convidadas e convidados, á recepción oficial que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ofrecerán este martes 5 de xaneiro, no polideportivo do CEIP O Coto, en horario de 16:00 a 20:00 horas; de forma segura e evitando que se formen aglomeracións, baixo todas as medidas de seguridade.
Infórmase á veciñanza que o acceso ó pavillón efectuarase a través da rúa Rosalía de Castro, xusto á altura da súa confluencia coa rúa do Corzán, a través do portal de acceso do profesorado e mediante un circuito de entrada e saída, perfectamente marcado para respetar a distancia de seguridade, e sendo obrigatorio o uso de máscara de protección. Tamén se estableceu un punto de control de temperatura e desifección de mans.
Para velar polo correcto e normal desenvolvemento da xornada, tanto persoal voluntario de Protección Civil como axentes da Policía Local, vanse a encargar de velar pola seguridade e o cumprimento das normas, para que a recepción se desenvolva con normalidade nunha tarde de alegría e maxia para a cativada de Negreira.
Pregamos ás familias de Negreira que prestedes atención a todas as indicacións do persoal.
Infórmase á veciñanza de Negreira quedende o día 1 de xaneiro de 2021, a renovación da demanda de emprego deixa de ser automática. Para renovar dita demanda, están habilitadas as seguintes canles:
1. Presencialmente, nas oficinas do Concello, o cal se lle enviará a tráves de Emprego Galicia un PIN persoal e intransferible por mensaxe ou correo electrónico. No caso de non recibilo, poderán renovar mediante pegada dactilar. Disporán da colaboración de persoal do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas.
2. Por vía telemática, na ligazón: emprego.xunta.gal
A renovación debe efectuarse con PIN e unha vez renovada, mandarase un xustificante ó correo electrónico que estea rexistrado na demanda de emprego, a través da aplicación Mobem para dispositivos móbiles.
Por último, salientar que aquelas persoas que teñan que renovar entre o 1 e o 10 de xaneiro, poderán facelo ata o día 15 deste mes.
Á vista da solicitude de tódolos Concelleiros integrantes do Grupo Municipal do Partido Popular que cumpre co disposto na normativa de aplicación e dando cumprimento ao disposto no artigo 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime, convócase un Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de Negreira a celebrarse o vindeiro martes, día 5 de xaneiro de 2021, ás 14:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte orde do día:
1º.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles do Concello de Negreira, reducindo o tipo de gravame ao 0,4%
2º.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora sobre o Imposto de vehículos de tracción mecánica.
3º.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora sobre Construccións e Instalacións de Obras.
4º.- Derrogación da ordenanza fiscal reguladora pola licenza de apertura de establecementos ou pola actividade de control posterior daquelas actividades sometidas a comunicación previa ou declaración responsable.
5º.- Modificación da taxa de recollida de lixo.
6º.- Modificación da taxa pola entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calqueira clase.
7º.- Derrogación da taxa pola expedición de documentos administrativos.
Páxina 2 de 191