Negreira merendas

Dende o Concello de Negreira infórmase ás familias que temos aberto o prazo para inscribir á rapazada no programa "Negreira Concilia Merendas", que está dirixido aos nenos e nenas cuxos titores e titoras estean traballando.

 

O horario é de 15:30 a 18:30 horas, e contaremos coas medidas de seguridade e prevención ante a Covid-19 e materase vixente sempre que as circunstancias o permitan.

 

Para anotarse tedes de prazo ata o vindeiro día 29 de setembro. Lembrade que as prazas son limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no noso concello. Máis información e inscricións no Centro de Información á Muller, na pranta baixa da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3, ou nos seguintes números de teléfono: 981 88 63 20 / 662 37 04 48.

powered by social2s

Concello

Un Bando de Alcaldía comunica á veciñanza que a partir do martes día 22 de setembro, abriranse ao público os parques infantís, as instalacións deportivas municipais e mailo Centro Sociocultural, que por precaución e ante o repunte de contaxios de coronavirus foran pechados a finais do mes de agosto.

 

 

Vista a boa evolución da situación epidemiolóxica no noso concello, queremos lembrar que é imprescindible cumprir coas recomendacións das autoridades sanitarias para previr e evitar a transmisión da Covid-19, polo que apelamos á responsabilidade individual e colectiva para o cumprimento das medidas de prevención.

 

Bando de Alcaldía

powered by social2s

Avenida Barcala Negerira

As obras, en fase de licitación, suporán un investimento de 187.741,51 euros, con cargo ao Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña, coa renovación do firme en agomerado en quente das avenidas de Barcala e As Brañas, no centro urbano.

 

As obras, en fase de licitación ata o vindeiro 5 de outubro, permitirán renovar o firme actualmente deteriorado destas céntricas rúas cunha capa de aglomerado en quente de 6 centímetros de espesor e rego de adherencia, o que mellorará a seguridade do tráfico.

 

Ademáis da renovación do pavimento, o proxecto incluirá o pintado das marcas viais e cebreados e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

powered by social2s

FOTO ESCOLAS

O Concello de Negreira está a preparar o inicio do curso 2020/2021 das Escolas Deportivas e Culturais, que debido á pandemia da Covid-19 non poderá comezar nos prazos habituais.

 

A Delegación de Cultura e Deportes xa conta dende o mes de agosto dun protocolo de reapertura das instalacións deportivas e culturais, pero está á espera que a Xunta de Galicia envíe o protocolo específico para as actividades culturais e deportivas.

 

A intención do Concello de Negreira é a de iniciar as actividades o luns 2 novembro, sempre e cando a situación epidemiolóxica sexa favorable.

 

Os prazos para anotarse nas actividades irá dende o 23 de setembro ata o 23 de outubro, e faránse prioritariamente de forma telemática na web municipal.

 

Protocolo reapertura instalacións deportivas

Protocolo reapertura instalacións culturais

powered by social2s

Covid G

Dende o Concello quérese agradecer á cidadanía de Negreira a responsabilidade e cumprimento das medidas de prevención para reducir o número de contaxios da Covid-19, e que a día de hoxe, venres 11 de setembro, sitúanse en 21 casos activos, logo de comezar a presente semana con 27 casos, segundo a información facilitada polas autoridades sanitarias.

 

Lembramos que seguen vixentes as medidas de prevención que, con carácter xeral, se estableceron no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, de cara a facer fronte á crise sanitaria desatada pola nova enfermidade, polo que cómpre seguir nesta mesma liña de responsabilidade, prevención e moita prudencia no noso día a día.

 

 

Dende a Alcaldía, Manuel Ángel Leis Míguez apela á "responsabilidade e sentidiño á hora de facer as cousas", recalcando que a situación "é a que é, e isto non rematou, polo que temos que aprender a convivir co virus", manifestou o alcalde.

powered by social2s