Concello

Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde do Concello de Negreira, comunica á veciñanza, que debido á ponte festiva de San Xosé e maila proximidade da Semana Santa, entrarán en vigor novas medidas ás 00.00 horas do venres 19 de marzo.

Bando negreira

 

Attachments:
Download this file (Bando de Alcaldía.pdf)DESCARGAR BANDO
powered by social2s

Policía 1

O Concello de Negreira publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) hoxe, as bases para a contratación do seguinte persoal laboral temporal: Tres prazas de peóns de xardinería; tres prazas de peóns de obras públicas; unha praza de peón multitarefa e unha praza de albanel para a execución de diferentes obras públicas municipais e prestación de servizos mínimos, seguindo o establecido nas bases do Programa de Integración Laboral (PIL) da Deputación da Coruña.

As contratacións terán carácter temporal por un período de 7 meses.

O prazo para a presentación de solicitudes e documentación no devandito proceso é de 5 días hábiles a contar dende o seguinte da publicación desta convocatoria no BOP (ata o 26/03/2021 incluído).

Pódese acceder ás bases e ao resto de información a través da web do Concello de Negreira (Publicacións oficiais), do BOP da Coruña do día 18 de marzo do 2021 e no taboleiro de anuncios do Concello de Negreira.

DATOS ADXUNTOS

Documentación das bases para a contratación laboral temporal 

powered by social2s

Foto SAF 2

 O Concello de Negreira súmase ás reivindicacións do Día da Muller para esixir unha sociedade na que mulleres e homes teñan os mesmos dereitos. Unha sociedade máis igualitaria.....

Este ano, o Concello de Negreira conmemora esta xornada coa creación dun mural para poñer en valor o imprescindible traballo das mulleres que compoñen o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Negreira, equipo que recibe este ano o Premio 8 de Marzo.

 

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e maila primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, foron os encargados de entregar este premio o pasado sábado durante o pintado do mural conmemorativo no colexio do Coto, nun acto que contou tamén coa participación de Rubén Suárez Carballo e María José Carballo Villar, do Partido Popular. Dende o Goberno municipal salientan que este ano se fai máis «importante» se cabe este recoñecemento polo labor diario que realizan as traballadoras do SAF.

 

A pandemia puxo o foco na importancia dos coidados, nos que a presenza feminina é imperante. As traballadoras do SAF do Concello de Negreira coidan cada día daquelas persoas que máis o necesitan, un labor vital para poder garantir o benestar social.

 

Neste 8 de marzo homenaxeamos e recoñecemos o traballo desempeñado por: Sonia; Belén; Paula; Isabel; Veva; Patricia; Azucena; Samantha; Divina; Ivonne; Manola; Elena; Fani; María; Maruja; Teresa; Silvia; Rosa; Isabel; Ana; Dayana; Lola e María José, profesionais do SAF de Negreira.

powered by social2s

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2021 coas seguintes liñas:

 

LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

LIÑA PEL AUTONOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña.

LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

 

 

As bases das axudas PEL 2021 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 37 de 25.02.2021 ou premendo na seguinte ligazón:

 

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/25/2021_0000001405.pdf

 

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 11 DE MARZO ATA O 15 DE ABRIL DE 2021 ÁS 14:00 HORAS

 

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal)

 

Lémbrase que na web https://emprego.dacoruna.gal/  pódese consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

 

powered by social2s

A quinta edición do Premio 8 de Marzo do Concello de Negreira está dedicado ás mulleres que conforman o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), do noso concello. O Centro de Información á Muller (CIM), sinala que outorgase este recoñecemento: «Polo seu traballo, esforzo e dedicación, que foron chave para que a veciñanza que máis o precisaba puidese seguir sendo atendida neste difícil contexto de crise sanitaria».

 

Dende o CIM do Concello de Negreira queren agradecer con este recoñecemento o seu «imprescindible» labor a este grupo formado por 30 mulleres.

 

Este ano, debido á pandemia sanitaria da Covid-19 non poderemos celebrar a tradicional gala. No seu lugar, o CIM está preparando unha serie de contidos que van ser compartidos a través das RRSS con motivo do 8 de marzo. Cómpre salientar que o sábado 6 de marzo, vaise a levar a cabo a elaboración dun mural dedicado ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, nas dependencias exteriores do CEIP O Coto, cuxo traballo será recollido nun vídeo por 7H Cooperativa Cultural, de Compostela, encargadas da súa elaboración de forma coordenada coas propias traballadoras do servizo.

powered by social2s