vacina080119.jpegO Concello de Negreira informa que durante todo o presente mes de xaneiro, pódense solicitar as axudas municipais para as vacinas de meninxite B nos Servizos Sociais Comunitarios, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá.

 

Os beneficiarios serán menores de 18 anos daquelas familias en situación de precariedade económica e, a quenes o seu médico ou pediatra lles dispensara a citada vacina.

 

Para máis información: 981 885 381.

0
0
0
s2sdefault

compartimosplan.jpgUnha vez rematada a fase de diagnose, a Deputación da Coruña ten o pracer de convidarvos aos foros propositivos e de priorización do proxecto ¨Compartimos Plan¨, na comarca de Barcala, este xoves día 10 de xaneiro, ás 9:00 horas, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Nestes foros analizaranse e priorizaranse as liñas de acción das futuras políticas de igualdade provinciais, polo que é moi importante a participación neste proxecto, xa que terá un importante impacto nas políticas de igualdade locais e comarcais, en canto orzamentos, servizos e recursos.

 

No afán de que Compartimos Plan sexa un proxecto dinámico, participativo e colaborativo, a este foro estades convidadas todas as persoas que podades ofrecer achegas no relativo ás políticas de igualdade e de prevención de violencia de xénero, polo que está aberto a persoal técnico, persoal político, tecido asociativo, centros educativos, corpos e forzas de seguridade, centros sanitarios, tecido empresarial, etc.

 

Para unha adecuada organización do foro, é importante que todas as persoas que asistan ao mesmo confirmen a súa asistencia pulsando na imaxe ou na web http://compartimosplan.com/

0
0
0
s2sdefault

DSC 0458

Os Reis Magos ultiman a súa chegada a Galicia e, en particular, de cara a participar na Cabalgata de Reis en Negreira durante a tarde do sábado 5 de xaneiro, acompañados polos paxes reais que este ano estrean traxe. O desfile arrincará ás 18:00 horas dende o Campo da Feira, coa recepción oficial na Casa do Concello, onde as súas Maxestades saudarán a tódolos nenos e nenas dende o balcón consistorial, sendo recibidos polo Alcalde.

 

Novidades

Este 2019 a Cabalgata de Reis contará cunha gran animación, a cargo de personaxes de Elfos e de Disney, de muñecos con luces, zancudos, os Xigantes de Liñaio, ademáis de dous vehículos con agasallos, gaiteiros e a Banda Municipal de Música.

Os Reis Magos pasearán por Negreira nas súas carrozas engalanadas. Está previsto que pasen pola Carreira de San Mauro, a avenida de Santiago, a rúa Fonte do Carme, Castelao, Rosalía de Castro, avenida das Brañas, Cachurra e a rúa do Carme. Trala recepción, continuarán o seu percorrido polo Camiño Velo e a rúa do Corzán, ata chegar ao pavillón do colexio do Coto. Durante o percorrido da Cabalgada, vaise a cortar ao tráfico as rúas afectadas, polo que prégase a colaboración veciñal. E diante da Casa do Concello, acotarase o espazo necesario sen aparcamento de coches.

 

A festa

Os nenos e as nenas que visiten aos Reis Magos durante a festa no pavillón escolar recibirán un agasallo e poderán entreterse cos personaxes de Disney, os Elfos e toda a animación participante na Cabalgada.

 

Podes consultar aquí o percorrido

0
0
0
s2sdefault

itv_ciclomotores070119.jpgInformámos que a unidade móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira na seguinte data e ubicación:

- O 27 de febreiro. De 9:00 a 13:30 horas

- Ubicación: Campo da feira

 

Para solicitar cita previa:

- Por teléfono: 902 30 90 00

- A través da web: www.sycitv.com – Cita previa

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.

0
0
0
s2sdefault

O primeiro Torneo de Nadal ¨Concello de Negreira¨, de xadrez, contou coa participación de xogadores de Negreira e de comarcas próximas, destacando a presenza de David Cernadas, campión galego Sub-12, de A Pobra do Caramiñal, ou Iago Fernández, campión galego Sub-10, de Noia, nun evento que estivo coordinado por Alberto Dios.

No torneo participaron máis de 30 xogadores, quedando como campión David Cernadas, ó facer pleno de 5 victorias. Seguirían a este no escalafón, Iago Fernández e Nicolás Amado.

 

 

En canto á clasificación por idades, compre dicir que o primeiro Sub-14 foi Miguel González, seguido de Pedro Varela e de Hugo Domínguez Conde. Finalmente, os premios locais recaeron como primeiro Sub-14 en Hugo Domínguez Búa; primeiro Sub-10 en Daniel Santomil e, primeiro Sub-8 para Xabier Tosar.

 

0
0
0
s2sdefault