Diseño sin título (17).png

 

O Concello de Negreira informa á veciñanza do comezo este venres 15 de outubro, da tempada das actividades deportivas e culturais 2021/22, e que van ter unha duración de 8 meses, finalizando o 15 de maio de 2022.

 

Todas as persoas inscritas nas actividades foron admitidas debido ao levantamento das restricións sanitarias en Galicia, e maila ampliación de aforos. A pesar disto, aínda deberemos cumprir coas seguintes normas durante as clases:


1.- Uso obrigatorio da máscara en todas as actividades.
2.- Na entrada dos recintos haberá xel hidroalcólico para os usuarios.
3.- Non se poderá usar as duchas nas instalacións.
4.- Estará habilitada unha zona de entrada e outra de saída, naqueles recintos que se poda realizar.

Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas:

powered by social2s

Diseño sin título (16).png

 

Nos últimos sete días, o 80% dos concellos galegos non tiveron novos casos de coronavirus. É por iso que a Xunta de Galicia decidiu relaxar as medidas restrictivas a partir do sábado día 9 de outubro. Ademáis, a porcentaxe de positividade é do 1,20% moi por debaixo do 5% recomendado pola OMS e do 3% que tiñamos establecido en Galicia. Hai que engadir tamén que, no que atinxe á hospitalización somos a comunidade con mellor situación, tanto en hospitalizados de agudos coma en UCI. Dende o pasado luns 4 estamos na nova normalidade.


Iso, unido a unha elevada porcentaxe de vacinación, o 92,5% da poboación diana ten xa a pauta completa, recomendan que sexa o momento de ir ampliando aforos.
Deste xeito, a Xunta relaxará a partir do sábado 9 de outubro as restriccións de ocupación ao 90%, como eixo principal de referencia. Nesta nova etapa, xa non temos os niveis de concellos coma referencia. Hoxe están todos en nivel medio baixo e rexerán para todos eles as mesmas normas; agás en situacións concretas con gromos que obriguen a tomar medidas extraordinarias:

 

Actividades no interior

Comercios, academias, lugares de culto, congresos.. tamén en instalación deportivas e tamén na cultura. A partir do sábado 9 de outubro, o aforo pasa do 75% ao 90%. Elimínase ademáis o número máximo de grupos de persoas para a realización de actividades (por exemplo, ximnasio).

 

Espectáculos en recintos interiores

A partir do sábado, pasamos do 75 ao 90% de público sentado; e o aforo será do 50% co público de pé.

 


Espectáculos ao aire libre

- Público sentado, pasamos do 75 ao 90%.

- Público de pé: pasáse do 33% ao 66% (sen número máximo de persoas—tiñamos 5.000—isto desaparece.

 

Zonas comúns e instalacións destinadas ao turismo

Do 50% pasáse o sábado ao 75%.

Albergues

Estaba no 50% pasa ao 75% (excepto conviventes, ou grupo burbulla que é do 100% -igual que na fase 0).

 

Velorios

Pasamos de 10 persoas máximo, a 20 por túmulo.

 

Sobre a hosteleria segura

- Amplíase o número de persoas que poden estar xuntas en grupo, pasando de 8 a 10 en interior, e de 15 a 20 en exterior.

- Amplíase o aforo nos locais con unha cunchiña, pasamos del 50% ao 75% en interior / e do 75 % ao 90% en exterior con dúas cunchiñas ata o 90% en interior. (pasa do 75 ao 90% e mantense o 100% en terraza

 

Lecer nocturno

O Comité Clínico considera que o mellor é agardar, dado que acaba de entrar en vigor o novo protocolo, avalado polo TXSG.

 

Transporte público

Amplíase o aforo de pé ao 75% (e permanece no 100% xente sentada.)

 

Dentro de 15 días, un ciclo completo, si a cosa segue ben, seguiremos ampliando aforos e achegándonos a esa normalidade. Non debemos esquecer as normas xerais de seguridade frente ao covid-19: uso de máscara en interior e en extrerior cando non podemos cumprir a distancia de seguridade; distancia interpersoal, hixiene de mans, e unha boa ventilación en espazos interiores.

powered by social2s

tarxeta.jpg

A mocidade de Negreira menor de 21 anos pode realizar ata 60 viaxes interurbanas gratis ao mes no transporte público de Galicia, sexa cal sexa a orixe e o destino, grazas á Tarxeta Xente Nova que expide a Xunta de Galicia.

 

Só haina que solicitar na oficina de Abanca, se ben no caso de ser menor de 18 anos, a solicitude débea facer un representante legal do menor. Coa tarxeta, haberá que cargarlle cartos nos caixeiros de Abanca. Pode facerse en efectivo, con tarxeta, co móbil ou coa banca electrónica. 

 

As viaxes realizadas pagaranse coa Tarxeta Xente Nova e posteriormente a Xunta reintegrará o importe na mesma tarxeta, para o que haberá que aceptar a recarga nun caixeiro de Abanca. A bonificación das viaxes da primeira quincena dun mes estará dispoñible a partir do día 5 do seguinte mes e as da segunda quincena poderán aceptarse a partir do día 20.

 

As tarxetas están dirixidas a idades entre 4 e 21 anos. Lembramos que ata os 3 anos, o transporte público en Galicia é gratuíto.

 

Para maior información: https://www.bus.gal/es/xente-nova

powered by social2s

O Concello de Negreira está adherido ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, que leva aparellado un compromiso de reducir as emisións de CO2 no seu territorio para o ano 2030 en, polo menos, o 40% a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, así como na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia.

 

O Pacto das Alcaldías é a maior iniciativa urbana do mundo en materia de clima e enerxía no que as autoridades locais comprométense a reducir as emisións un 40% ata o ano 2030, mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovable e desenvolver accións para mitigar o cambio climático. Por todo isto, lanzamos unha enquisa para recoller información por parte da veciñanza de Negreira para deseñar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES).

 

Preme no seguinte enlace para acceder á enquisa onde podes ver un vídeo explicativo do que é o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles:

 ACCEDER Á ENQUISA 

powered by social2s

 A veciñanza de Negreira e comarca poderá asistir, de xeito gratuito, á proxección da primeira etapa do documental “Historias do Último Camiño”, este venres 24 de setembro, ás 20.30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura (acceso pola Carreira de San Mauro). A peza está presentada por Brais Doval e producido por Vizuals Lab, e percorre o Camiño entre Santiago e Fisterra.


Este proxecto, un webdoc interactivo, forma parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e pretende mostrar a veciños e visitantes os lugares de interese da ruta, mais tamén todas aquelas historias que nacen ao seu arredor: iniciativas empresariais dos veciños, curiosidades e anécdotas, historias persoais de xente que “vive no Camiño”…
Na proxección deste venres 24 en Negreira, os asistentes visionarán os 15 primeiros minutos do documental, filmados na ruta entre Santiago e Negreira. Nesta primeira etapa, Brais Doval sae da capital galega para visitar lugares como o Alto do Sarela, a Ponte de Roxos, Trasmonte ou Pontemaceira, e desfruta tamén das historias dos veciños de Augapesada, visita as instalacións de Fisterra Bovine World e mesmo asiste aos ensaios do espectáculo orquestral “Xuntos polo Camiño”. 

 


“Historias do Último Camiño” é un proxecto documental interactivo que estará dispoñible na rede a partires do 30 de setembro. O usuario poderá escoller entre visionar o documental enteiro, ou acceder a pezas específicas sobre os diferentes lugares polos que pasa e ás entrevistas coa veciñanza, ademáis de ter contidos adicionais (mapas, audios, infografías…). En cada fin de etapa haberá unha xuntanza cos veciños par aproxectar as gravacións, e Fisterra será o lugar onde se celebrará un evento final, presentado por Brais Doval, para mostrar o documental completo. Porque non se trata só dunha ruta, facer o Camiño implica mergullarse nas súas paisaxes, na súa historia, na súa cultura e, sobre todo, na súa xente.

powered by social2s