Para que os nenos e nenas de Negreira vexan aos Reis Magos, este ano será diferente, pero á vez, máis doado que nunca, pois grazas ao Concello poderedes disfrutar deste servizo para poñerse en contacto coas súas Maxestades Gaspar, Melchor e Baltasar.
Accedendo á web www.nadal2020.es atoparedes un apartado chamado «rexistro» e nel deberedes marcar o concello ao que pertences, neste caso, o de Negreira. E de non dispoñer dun número de teléfono coa aplicación Whasapp, debedes poñervos en contacto coa web e chamaránvos canto antes.
O prazo para rexistrarse está aberto ata o día 29 de decembro na propia web ou no número de teléfono móbil: 641 585 245.
Unha vez marcado o concello, seguirás os pasos necesarios para inscribir ao neno ou á nena. Poderedes comentar algo que cosnideredes oportuno e importante para que os Reis Magos o teñan en conta antes de falar cos pequenos.
Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora, lembra que terás que ter dispoñible o número de teléfono móbil rexistrado o día e a hora. E se por casualidade non fose posible contactar por estar fóra de cobertura, tentarano de novo ao finalizar a xornada.
Segundo a información comunicada ao Concello, a día de hoxe, venres 27 de novembro, no noso municipio os casos activos son 12 se ben a incidencia acumulada nos últimos catorce días, tal e que como informa a diario o Sergas, é de 13 casos diagnosticados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA). Dende o Concello gustaríanos enviarlle unha mensaxe de ánimo a todas estas persoas, e que agardamos que se recuperen o máis axiña posible.
Así mesmo, apelamos de novo á responsabilidade individual e insistimos na necesidade de cumprir coas medidas de prevención e moito sentidiño para que saiamos desta tod@s xunt@s.
É moi importante seguir mantendo a distancia de seguridade, o uso obrigatorio de máscara e o lavado de mans para que así, os contaxios sigan descendendo no noso concello, agradecendo a toda a veciñanza o cumprimento das normas.
O Concello de Negreira convoca o I Concurso de Decoración de Nadal, co obxectivo de promover o embelecemento da vila facendo partícipe a poboación e o tecido económico. O proxecto contribuirá á participación activa do pobo de Negreira na tradición do Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalaría e o patrimonio cultural.As inscricións serán gratuítas e estarán abertas a toda a poboación maior de idade do Concello de Negreira e establecementos hostaleiros e comerciais con actividade emprazada no termo municipal.
- Como inscribirse?Mediante un correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o nome, apelidos e DNI da persoa representante, teléfono, correo-e, e o enderezo da vivenda ou establecemento onde se levará a cabo a decoración obxecto do concurso, incluíndo tódolos datos precisos para a súa localización, así como o nome do establecemento na categoría de establecementos. Como alternativa, tamén se poderán realizar as inscricións de luns a venres non festivos de 9:00 h a 14:00 h na Casa da Cultura, ou no teléfono 650 796 956.
- Período de inscriciónsDende o 25 de novembro ás 14 h do venres 11 de decembro.
- Categorías de participacióna) ParticularesPoderán participar dentro desta categoría vivendas unifamiliares, tanto casas como pisos, así como conxuntos formados por comunidades de veciños dun edificio. Para o concurso valorarase unicamente a decoración visible dende a vía pública (entradas, fiestras, balcóns, xardíns, árbores de nadal, etc.).b) EstablecementosPoderán participar dentro desta categoría tódolos establecementos comerciais e de hostalaría emprazados no termo municipal de Negreira. Valorarase en conxunto a decoración para o concurso, que poderá realizarse nas zonas accesibles ou visibles para o público en xeral: no interior, no exterior, nos accesos e fiestras e nos escaparates. A decoración deberá manterse sen modificar dende o inicio ata a fin do concurso, podendo cambiarse outros elementos como os produtos en venda expostos.
- Duración do concursoA decoración deberá estar colocada dende o día 12 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos incluídos. A exposición será gratuíta e estará visible dende a vía pública (vivendas ou comunidades de veciños) ou lugares de acceso permitido e visibles (establecementos) para o goce da poboación.
- PremiosOutorgaranse un máximo de tres premios en cada unha das dúas categorías, en función dapuntuación outorgada polo xurado, que se baseará en tres aspectos de máximo 10 puntos cadaun: creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.
a) PARTICULARES1º premio: Vale regalo de 100 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira2º premio: Vale regalo de 60 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira3º premio: Cesta de produtos
b) ESTABLECEMENTOS1º premio: 400 €2º premio: 150 €3º premio: Cesta de produtosConsulta toda a información detallada nas Bases do concurso. Na páxina web www.concellodenegreira.gal.
Con guión de Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e o propio Xesús Ron, a película utiliza a pantalla para introducir aos seus protagonistas: unha moza directora de cinema e a súa familia, á que recorre para rodar un filme.
Trátase pois de cinema dentro do cinema que fala de memoria, historia local e resquebraxamento de relacións botando man á nostalxia, a crítica social sutil e a metalinguaxe cinematográfica, e onde non faltan, cara ao final da súa metraxe, recursos de animación e unha única saída ao exterior para rubricar esta traxicomedia da vida, que reflicte como os edéns do pasado deron paso ao consumismo hedonista actual. Porque o título fai referencia ao supermercado construído onde estaba situada a popular sala de festa rural na que se coñeceron Eva e Antonio, os pais de Álex. Por indicacións da moza, os proxenitores –separados desde hai tempo– deberán recrear ante a súa cámara, a súa primeira cita, a súa consecuente noite de paixón e o seu reencontro 25 anos despois, cando o tempo e os seus estragos fixeron efecto. Durante esta representación sairán á luz algúns segredos non precisamente amables.
Poderemos vela no Auditorio do Centro Sociocultural da vila, este venres 27 de novembro, nun único pase, a partir das 20:30 horas, con entrada de balde ata completar a capacidade.
Esta proxección pecha o programa do Outono Cultural 2020 do Concello de Negreira.
Segundo a información comunicada ao Concello, a día de hoxe, venres 20 de novembro, no noso municipio os casos activos son 11 polo que gustaríanos enviarlle unha mesaxe de ánimo a todas estas persoas, e que agardamos que se recuperen o máis axiña posible.
Así mesmo, apelamos de novo á responsabilidade individual e insistimos na necesidade de cumprir coas medidas de prevención e moito #sentidiño para que saiamos desta tod@s xunt@s.
Páxina 5 de 191