O Concello de Negreira informa da apertura do prazo para a renovación de matrícula, e de solicitude de novo ingreso para nenos e nenas de 0 a 3 anos, na Escola Infantil Municipal do Concello de Negreira para o próximo curso.
Ábrese o prazo de renovación de matrícula para o curso 2.016 - 2.017 dos alumnos e alumnas da Escola Infantil Municipal de Negreira que xa asistiron durante o curso 2.015 – 2.016.
PRAZO: do 1 ó 15 de abril
LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Negreira, en horario de 9 a 14 horas
DOCUMENTACIÓN: . última declaración da renda dos pais. . xustificación da situación laboral (actual) dos pais. . calquera outra circunstancia que varíe a situación socio-familiar.
Ábrese o prazo de inscrición de nenos e nenas 0 a 3 anos na Escola Infantil Municipal para o curso 2.016 - 2.017.
PRAZO: do 1 ó 15 de abril.
DOCUMENTACIÓN: . solicitude de novo ingreso. . certificado de convivencia. . DNI do pai,nai ou titor/a. . libro de familia. . última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar. . última nómina ou xustificación da situación laboral dos pais. . tarxeta de desempregado/a. . outros documentos que procedan, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo.
.informe dos servizos sociais nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar. . documentación complementaria: certificado médico do neno/a, carné de vacinacións actualizado, fotocopia da tarxeta sanitaria, dúas fotos do neno/a e impreso de domiciliación bancaria.