Hoxe presentamos a variada oferta do Verán Cultural 2021 no parque do Coto, un dos grandes espazos de lecer na nosa vila. O programa foi presentado polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez; primeira tenente de alcalde, María del Mar García Vidal e os concelleiros, Iván Guardado Porto e Adolfo Manuel Barbosa, cando aos técnicos de Cultura e Deportes, así como de Turismo.

 

O programa –pódelo consultar ao final do texto-, contempla máis dunha trintena de actividades entre os meses de xullo e setembro, onde sobresaen concertos como os de Mekánika Rolling Band, o venres 9 de xullo; Andrea Pousa e Sheila Patricia, o sábado 10 de xullo, englobados nas festas de San Cristovo, do 9 ao 11 de xullo, incluíndo o domingo o concerto da Banda Ateneo de Negreira; aos que se engaden os de Sés, nun dos primeiros directos da súa xira Liberar as arterias, con Adhara & Ritman de teloneiros, o venres 16 de xullo – con entradas a seis euros en www.ataquilla.com-, e Luar na Lubre, quen actuará o sábado 21 de agosto. Son os pratos fortes cos concertos no patio do CEIP O Coto, pero hai moito máis.

 

En xullo haberá oportunidade de gozar do Propulsada danza, na Ponte Maceira, un programa de danza e artes de movemento que patrocina o Xacobeo 21-22 e, en agosto, o día 27 o Festival Folclórico; o 28 a segunda edición do Wakau Urban Fest. Tampouco faltarán as citas do Cultura a pé de rúa, con Fran Rei, a modo de clow o 2 de xullo, mentres que en agosto Lila Star, espectáculo acrobático (día 6) e Marta Alonso e Paula Quintas, con Analepsis+ Dancing Queen, o 13.

 

Unha das novidades que salientou o alcalde de Negreira, vai sela xira “máxica” que o mago Romarís realizará por distintas parroquias durante todo o verán. A iso, súmanselle o campamento urbano Respira, os campamentos de verán en Boiro, os obradoiros Diververán no Centro Sociocultural, ou os cursos de natación na piscina municipal do Coto.

 

No mes de setembro, pendentes de que se poida celebrar a Feira do Románico na primeira fin de semana, confirmámos o Festival de Bandas de Música, o domingo 19 de setembro coa participación da Banda de Música Ateneo de Negreira e maila Banda de Música Municipal de Padrón, na praza do Concello.

 

Impulso ó deporte

 

Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse distintos campus deportivos organizados polos clubes locais, tal é o caso do Campus Compos de fútbol, pola Asociación Deportiva Nicrariense (ADN); o Summer Training Days, de baloncesto, e o Clínic de Tenis de Verán, organizado polo club Tenis Negreira, así como o Torneo de tenis Circuito FF Concello de Negreira, do 26 de xullo ao 1 de agosto, no Complexo Deportivo de Pedra Mámoa.

 

Consulta aquí programa completo. 

 

Attachments:
Download this file (Veran Cultural.pdf)Veran Cultural.pdf
powered by social2s

Foto Actívate.jpg

 

Neste mes de xuño o Concello de Negreira presenta distintas actividades culturais e lúdicas para o desfrute da veciñanza, sobre todo pensando na rapazada antes do verán. Teatro, música infantil, apertura da piscina e moitas sorpresas nunha programación que vai a continuar co Verán Cultural, a partir do mes de xullo.

 

A primeira actividade e o Miniciclo de Teatro coa Escola de Teatro de Santa Comba o sábado 12 e a Escola de Teatro Municipal de Negreira que fará a súa estrea o venres 18 e mailo sábado 19. Ambas citas serán no Auditorio de Negreira.

 

Para os máis pequenos, o martes 15 e o venres 26 teñen unha cita ineludible coas actuacións de Mamá Cabra no novo auditorio ao aire libre da rúa Teresa Fabeiro (19:00h), o primeiro día, e coa Festa do Apego, na área recreativa Agra de Chans, na Baña, o día 26.

 

O martes 15 terá lugar a apertura da tempada das Piscinas ao aire libre do Coto que se extenderá até o 15 de setembro, e o último sábado de mes terá lugar o evento da Noite Romántica, onde os restaurantes de Negreira participantes farán menús especias e haberá actuacións musicais.

 

Para o domingo 27 o programa #Actívate péchase coa clausura da Escola Municipal de Baile Tradicional, coa celebración do Día da Muiñeira nunha versión reducida, a partir do mediodía na praza do Concello.

 

Attachments:
Download this file (Programa Actívate.pdf)Programa Actívate.pdf

 

 

powered by social2s

Foto fogueira.jpg

 

Debido á pandemia da covid-19, neste ano non estarán permitidas as cacharelas en terreos públicos. Soamente será posible facelas en terreos de titularidade privada.


As persoas interesadas en realizar unha cacharela en terreos privados deberán presentar a solicitude correspondente, con data límite o día 21 de xuño, por algunha das seguintes vías:

- Rexistro telemático, na Sede Electrónica do Concello: https://sede.concellodenegreira.es

- Rexistro Xeral do Concello (horario de 8:00 a 14:00h).

 
O número máximo de persoas que se poidan reunir en grupo axustarase ao disposto na normativa vixente o día 23 de xuño de 2021 reguladora da situación de emerxencia sanitaria, así como das demáis recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias.


A separación de cacharelas entre os edificios, fincas forestais, árbores e demáis obxectos que poidan resultar danados será coma mínimo de 20 metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacen produtos inflamables nin vehículos.


Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipentes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros. Sobre terreos con vexetación herbacea, previo ó inicio do lume, farase unha devesa do material combustible nunha franxa de polo menos 9 metros de ancho, rodeando o perímetro.


A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante o vento, e poida dificultarse a vixilancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse.

 

Attachments:
Download this file (Solicitude.pdf)Solicitude.pdf

powered by social2s

Foto Diververán.jpg

Este luns 7 de xuño ábrese o prazo para solicitar a participación nos obradoiros Diververán 2021. A inscrición pode realizarse presencialmente na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira planta da Casa da Cultura, en horario de 9 a 14 horas, para o cal pódese descargar a ficha de inscrición que aparece ao final desta información.


Ofértanse 20 prazas en cada quenda, por orde de anotación, durante os meses de xullo e agosto polas mañás no Centro Sociocultural.

- Nados do 2016 a 2018, de 10:30 a 12:00 horas

 

- Nados de 2012 a 2015, de 12:00 a 13:30 horas

 

As familias interesadas deben anotarse antes do 29 de xuño, debendo entregar as fichas cubertas e mailo importe xusto de 16 euros por cada participante.

 

powered by social2s

O Telecentro de Negreira acollerá o venres, día 18 de xuño, unha xornada formativa sobre a loita contra doenzas do castiñeiro coma "O chancro", ou Cryphonectria parasítica, e a "Avespa do castiñeiro", ou Drycosmus kuriphilus. O horario desta actividade formativa será 10:00 a 14:00 horas.

 

Esta xornada será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, na provincia de Ourense, coa colaboración da Consellería de Medio Rural, e maila Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

 

Para participar, xa que as prazas son limitadas, hai que inscribirse no número de teléfono: 673 249 477, ou enviando un correo cos datos da ficha de inscrición que figura abaixo, ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Adxunto encóntrase o formulario de inscripción. 

powered by social2s