anadaina2017.jpgA 10ª edición da Andaina Popular «Negreira no Camiño de Fisterra» celébrase o sábado día 30 de setembro, cunha camiñada de 25 quilómetros, cunha dificultade media, a través da Ruta dos Tres Pazos (O Cotón, Baladrón e Albariña), duns 16 quilómetros, e co engadido de nove máis unha vez chegados ó punto de partida, polo Camiño de Fisterra, na súa saída de Negreira polo Corpachón ata Zas, e dende alí, por un sendeiro, no que os participantes regresarán a Negreira polo paseo fluvial do río Barcala.

 

Con esta iniciativa preténdese potenciar e dinamizar o Camiño de Fisterra e Muxía, ao seu paso polo noso concello. 

 

Para facer efectiva a inscrición, podes chamar ó número de teléfono 981 885 886 ou enviar os datos a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A inscrición é de balde. Os datos a cumprimentar son os seguintes: DNI, nome e apelidos; data nacemento; localidade e teléfono de contacto.

 

A data límite para facer efectiva a inscrición é o xoves 28 de setembro as 14:00 h.

powered by social2s

voluntariadotalleres.jpgTrátase dos de Punto de cruz e Técnicas de bordado, así como o de Informática para adultos, todos eles de balde, e con preferencia para  veciñas e veciños empadroados no Concello de Negreira.

 

O primeiro taller en botar a andar vai ser o de Informática para adultos, cuxo comezo está fixado para o venres 29 de setembro, no Telecentro do Centro Sociocultural, en horario de 19 a 20.30 horas. Terá unha periodicidade semanal.

 

En canto aos de Punto de cruz e Técnicas de bordado, informa o Voluntariado Social que o seu inicio programouse para o luns 2 de outubro. Ambolos dous vánse desenvolver todos os luns, en horario de 10.00 a 12.00 horas, no Centro Multifuncional, sito na avenida das Brañas.

 

Para máis información e inscricións, na oficina do Voluntariado Social, na pranta baixa da Casa do Concello, en horario de mañá, ou ben chamando ao número de teléfono: 664 074 674. Trátase dunha oferta con prazas limitadas. 

powered by social2s

Achéganse as festas de Santa Margarida cuns días ateigados de propostas no noso Concello.

Mañá celebrarase a XI edición do Día da Bicicleta, que arrincará ás 10h da mañá dende a explanada xunto ao instituto. A esa hora concentraranse as persoas participantes. Sairán primeiro os máis pequenos, que lle darán ao pedal durante 1,2 quilómetros, e despois, ás 11h, os adultos, con 10 quilómetros.

Pola tade, máis deporte, co torneo de baloncesto que vai haber no parque do Coto a partir das 16:30. Nel enfrontaranse os equipos de benxamíns de Negreira e Porto do Son, de cadete feminino do Pio XII e do Porto do Son e de cadete masculino do Rosalía de Castro e do Porto do Son.

Despois, cita importante co humor co espectáculo 'Dous no Camiño' da man de Isabel Risco e Fran Rei. Trátase dunha montaxe para todos os públicos que foi creada especificamente para a programación do Xacobeo Vive o Camiño 2017. Poderase ver ás 20h na explanada que hai xunto ao instituto.

Tamén mañá nova proxección de cine na rúa, co filme Os Minions na praza das Brañas ás 22:30h.

Alí, o domingo pola mañá inaugurarase a nova pista de petanca, coa celebración dun torneo a partir das 10h. Nel participarán xogadores de Negreira, así como do C. P. Ensino, do C.P. A Bandeira e da selección galega.

Xa pola tarde, Festival de Bandas ás 18h na praza do Concello, coas bandas de Boiro, de Brión e a Ateneo de Negreira. Pola noite toca verbena a cargo da orquestra New York, xunto coa disco móbil EME Music e o Dj Marcos Magán.

O luns a charanga Os Celtas poralle música ás rúas ao longo da mañá. Ás 12 do mediodía haberá misa solemne na honra de Santa Margarida na igrexa parroquial. Deseguido, sesión vermú cos Celtas e o Trío Alborada, que repite pola noite amenizando a verbena que lle porá o broche final a estas celebracións.

powered by social2s

ave_rebu_2017.jpgNo mes de outubro comeza unha nova tempada dos programas lúdicos de encontro Avelaíños e Rebuldeiros, a cargo do Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento Negreira-A Baña.

 

Avelaíños

Para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos, todos os martes, primeiros e terceiros de mes, de 16.30 a 18.30 horas, na Bebeteca da Casa da Cultura.

2017avelainos.jpg

 

Rebuldeiros

Para familias con nenos e nenas de 3 a 6 anos, todos os martes, segundos e cuartos de mes, de 16.30 a 18.30 horas, na Bebeteca da Casa da Cultura.

Anótate no número de teléfono 607 153 604. Terán preferencia as familias empadroadas no Concello de Negreira ata completar un máximo de 15 prazas en cada programa lúdico de encontro. 2017rebuldeiros.jpg

 

powered by social2s

Isabel Risco e Fran Rei traerán o espectáculo cómico Dous no Camiño este sábado á nosa vila.

A cita, con entrada libre, está fixada para 20h na explanada que está xunto ao instituto Xulián Magariños.

Trátase dunha montaxe dirixida por Avelino González, con texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala, que foi creada especificamente para a programación  do Xacobeo Vive o Camiño 2017.

Isabel Risco e Fran Rei son dúas caras ben coñecidas no mundo do humor e da interpretación en Galicia. Desta volta transfórmanse en camiñantes para ofrecernos unha proposta de circo e clown que conquistará as risas do público.

powered by social2s