A Corporación Municipal de Negreira con data de 18 de decembro de 2017 aprobou o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) ¨POS +2018¨, da Deputación de A Coruña, cuxos investimentos e reparto de fondos é o seguinte:

Achega provincial 2017 aplicada ao financiamento de pago a proveedores

Importe: 10.091 euros.

 

Achega provincial 2017 para investimentos financeiramente sostibles

Asfaltados e formigonados de pistas e camiños en: San Vicente; A Pena; Gonte; Casa do Mato (Bugallido); Marcelle; Pedralonga (Xallas); Broño; Couso de Abaixo (Campolongo); Romarís (Arzón); Maio Grande (Liñaio), e Borreiros (Logrosa).

Colocación de tubaxes: en Campolongo e San Tomé, e cuneta en A Barquiña.

Senda peonil: entre A Barquiña e A Chancela.

Importe total: 317.944 euros.

 

Achega provincial 2018 aplicada ao financiamento de gastos correntes

Importe: 300.000 euros.

 

Achega provincial 2018

Muro de contención en mampostería en Redemuiños (Broño).

Importe: 34.343 euros.

 

Plan Complementario (POS+2018)

Saneamento e EDAR en Zas; saneamento en Gonte e Gándara, e rede separativa de augas pluviais na avenida de Feiraco.

Importe total: 191.774 euros.

powered by social2s

A teense Claudia Castro vén de gañar a VI edición do Certame de poesía 'Xosé M. López Ardeiro' coa obra Ser, corazón e boca; presentada co pseudónimo Palabras coma paxaros. O segundo premio foi para o escritor Raúl Gómez Pato, que presentou o poemario Círculo baixo o nome de Laverca.

O xurado destacou a calidade das 22 obras participantes neste certame organizado polo Concello de Negreira, manifestando a dificultade que supuxo seleccionar as que finalmente resultaron gañadoras.

O fallo deuse a coñecer o pasado venres, 22 de decembro, nun acto celebrado no auditorio do Centro Sociocultural de Negreira que estivo conducido por José A. Ponte Far, amigo de Ardeiro e impulsor do premio. Ponte Far fixo un percorrido pola vida e a obra do poeta nicrariense, cando neste 2017 se cumpren dez anos do seu pasamento.

O acto tamén contou coa intervención do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño. Procedeuse, así mesmo, á lectura de diversos poemas de Ardeiro e houbo unha actuación musical do grupo Oîma

O xurado desta sexta edición estivo constituído polo catedrático de Lingua e Literatura José A. Ponte Far, o poeta Xulio L. Valcárcel, a poeta Diana Varela Puñal e as docentes de Lingua e Literatura María Rey e María López Sández.

A gañadora será galardoada con 700 euros mais a publicación da obra por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro. Pola súa banda, o segundo clasificado recibirá 300 euros. 

 

powered by social2s

debuxo_nadal17.jpgEste debuxo elaborado polos nenos/as da aula de Infantil de 4 anos B do CEIP O Coto, é o gañador do Concurso de cartaces de Nadal convocado anualmente polo Concello de Negreira entre os centros educativos do noso concello, e que serve para ilustrar a programación navideña 2017/18.

 

Dentro das actividades para a primeira fin de semana de Nadal, salientamos que este sábado 16 vaise celebrar o Belén de Cumios, un roteiro de sendeirismo ca este ano sairá ás 10:00 horas dende o Campo dá Feira cun percorrido duns dez quilómetros polo monte de Bergando e regreso a Negreira. os interesados/as deben achegarse antes da saída ó punto de partida.

 

Teatro

 

Na tarde do sábado teremos o Festival de Nadal da Escoila Municipal de Teatro, con ¨Eu tamén quixen ser do Equipo A¨, a partir das 17:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural. Trátase dun festival adicado á década dos 80 con actuacións que a máis de un nos farán rememorar tempos pasados.....pois haberá ombreiras, purpurina, pelos cardados, música e moito, moito humor. Ademáis, poderemos ver un adianto da obra do grupo de maiores que están a preparar para o 2018: "E ti de quen ves sendo?".

 

Festival de Nadal

 

O XXVII Gran Festival do Nadal celébrase o domingo 17 de decembro, dende as seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural, e incluirá ao seu remate, unha chocolatada para tódolos asistentes, nunha iniciativa conxunta do Concello e maila Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón.

 

cartelfestivalnadal07.jpg

powered by social2s

Bases substitución AEDL

Attachments:
Download this file (bases substitucion AEDL_correcto.pdf)Bases substitución
powered by social2s

estadograza1.jpgChega a primeira fin de semana do Nadal en Negreira, polo que este venres e o sábado, o Auditorio do Centro Sociocultural acolle unha dobre cita teatral. A compañía profesional Teatro do Noroeste, no seu 30 aniversario, presenta este venres (21:00 h.) a súa obra ¨Estado de graza¨. E o sábado (17:30 h), será a quenda do Festival de Nadal da Escola Municipal de Teatro baixo o título: ¨Eu tamén quixen ser do Equipo A¨.

 

Estado de graza

 

estadograza2.jpg

 

Sépnose: A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese yugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideolóxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

 

Reparto: Luma Gómez, papel de Dona Dolores; Imma António, papel de Catarina; Manuela Varela, no papel de Lola, e Nini True, no papel de Sol.

 

Eu tamén quixen ser do Equipo A

 

equipoacartel2.jpg

 

Este sábado pola tarde poderemos desfrutar coa nosa Escola de Teatro, baixo a dirección da súa profesora Sandra Lesta, dun festival adicado á década dos anos 80 baixo con actuacións que a máis de un nos farán rememorar tempos pasados.....pois haberá ombreiras, purpurina, pelos cardados, música e moito, moito humor.

 

Ademáis, poderemos ver un adianto da obra do grupo de maiores que están a preparar para o 2018: "E ti de quen ves sendo?".

powered by social2s