reis080118.jpgO Concello de Negreira fixo entrega dos premios do concurso de escaparates de Nadal, e que nesta ocasión foron, segundo a valoración do xurado, para os seguintes establecementos:

 

1º - Confeccións Capeáns

2º - Confeccións Castro

3º - Abraham Fotógrafas

 

Na entrega das súas figuras de cerámica de Sargadelos participaron o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Cultura, Flora Grille Novio, quenes tamén entregaron o premio aos gañadores/as do concurso de cartaces que foi para o debuxo realizado polos nenos/as da aula de 4 anos B do Ceip O Coto, coa súa mestra Mari Paz Tomé, á fronte. 

powered by social2s

cabalgata040118.jpgO Concello de Negreira, a través da Delegación de Cultura e Deportes, informa de que non se vai realizar o percorrido polas rúas da Cabalgada de Reis Magos de Oriente, dadas as inclemencias meteorolóxicas previstas.

 

Os actos serán trasladados ao pavilllón do colexio O Coto, na rúa Rosalía de Castro, onde as Súas Maxestades farán a recepción dos nenos e nenas, así como a entrega de agasallos a partir das 18h da xornada do venres.

powered by social2s

alimentos291217.jpgA Asociación Deportiva Nicrariense de fútbol base fíxolle entrega hoxe ao Concello de Negreira da axuda solidaria recadada o pasado sábado 23 durante a celebración do seu I Torneo de Nadal de Fútbol 8 en categoría benxamín. A recollida solidaria alcanza os 200 quilos de alimentos non percedeiros que lle foron entregados aos Servizos Sociais para o seu posterior reparto entre as familias con máis necesidades do noso concello.

 

No acto de entrega, que se levou a cabo nas instalacións do campo municipal de Cepelo, participaron membros da directiva de ADN encabezada polo seu presidente, Luis Arán, e contou coa asistencia do primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Esta importante axuda súmase á que está a recoller a Asociación de Amas de Casa de Negreira, dentro da súa campaña solidaria que remata o próximo día 5 de xaneiro. As persoas interesadas poden entregar alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene e limpeza nos distintos supermercados da vila, así como os martes e os xoves, de 17:30 a 20 horas na sede que a asociación ten no edificio do antigo instituto, na rúa Castelao.

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira convoca un pleno con carácter ordinario para próximo día 8 de xaneiro (luns) de 2018 ás 20:00  horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación:

         

Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:

 

-          Acta do Pleno ordinario de data 13 de novembro de 2017

-          Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 15 de novembro de 2017.

-          Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 16 de novembro de 2017.

 

Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: Do nº 194/2017 ó nº 221/2017, ambos inclusive.

 

Punto Terceiro.- Dar conta á Corporación do escrito presentado polo Presidente e a Secretaria da Asociación de Veciños San Pedro de Gonte.

 

Punto Cuarto.- Modificación na composición da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero.

 

Punto Quinto.- Cesión gratuita de uso de Aula no Edificio de servizos múltiples á Asociación Cultural de Amas de Casa de Negreira.

 

Punto Sexto.- Cesión gratuita do uso do Local Social de Covas á Asociación de Veciños de As Neves de Covas.

 

Punto Sétimo.- Expediente de investigación sobre Local Social sito en Pesadoira, parroquia de Sto. Tomé de Alvite.- Resolución.

 

Punto Oitavo.- Proposta de acordo que formula o Sector de Administración Local do Sindicato CC.OO, ante o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2018.

    

Punto Noveno.- Rogos e preguntas.

powered by social2s

turron291217.jpgA I Carreira do Turrón foi suspendida por mor do mal tempo. O Concello de Negreira deciciu cancelar este evento debido á meteoroloxía adversa que se agarda para este sábado, tendo en conta ademais que se trata dunha cita á que acoden moitos nenos e nenas.

 

Dende o Concello valórase moi positivamente a alta participación, xa que había unhas 150 persoas anotadas. Polo de agora a carreira queda adiada, á espera de coñecer se se vai celebrar noutra data. 

powered by social2s