esqui2.jpgCatro nenos/as do Concello de Negreira participaron esta pasada fin de semana na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, na quinta e última quenda da Campaña de Inverno 2018 da Deputación da Coruña. Esta tarde ten lugar o seu regreso despois de desfrutar da neve e os deportes de inverno desde a súa partida na mañá do pasado venres.

 

Os participantes de Negreira viaxaron cando os da Baña, Val do Dubra, Ames, Boqueixón, Rois, Santiago, Teo, Touro, Vedra, Arzúa, Boimorto, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Tordoia e Trazo.

 

O aloxamento levouse a cabo no albergue Bibei, na propia Estación de Manzaneda, en réxime alimenticio de pensión compreta, dende o xantar do venres ata o xantar do luns, polo que todos os gastos están cubertos.

 

esqui1.jpg

powered by social2s

O Concello de Negreira comunica que, á vista da alerta metereolóxica por adversos de vento na provincia da Coruña, péchanse os campos de fútbol municipais durante as xornadas do sábado 10 e domingo 11 de marzo, co fin de evitar situacións innecesarias de risco para os/as deportistas e mailo público asistente.

powered by social2s

cans 0803182O Concello de Negreira, por mediación da Policía Local, vai realizar controis e inspeccións rutinarias para comprobar que os cans que pasean polo pobo conten co seu microchip correspondente. Os axentes da Policía Local comprobarán tal feito e si as mascotas non contan co microchip, se lles dará aos seus donos un tempo para que subsanen tal feito.

 

O Concello de Negreira lembra que coa entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal, as multas por non identificar aos cans con microchip elévanse dun mínimo de 500 a un máximo de 5.000 euros, sendo obrigatorio que as mascotas dispoñan de  microchip.

powered by social2s

foto090318_1.jpgNa conmemoración do Día da Muller, entregouse nun emotivo acto no Auditorio de Negreira, os segundos Premios 8 de marzo, na homenaxe póstuma á profesora Sofía Rodríguez, quen finou hai xusto un mes á idade de 90 anos, cando dende o Concello e mailo Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), tomouse a decisión de homenaxeala co gallo do 8 de marzo.

 

As súas sobriñas, Carmen e María Antonia Peralta Rodríguez, e mailo seu sobriño-neto, Esteban Pratolongo Guzmán, chegado expresamente desde Arxentina onde reside a súa avóa Purita, irmán de Sofía, foron os encargadas de recoller esta distinción de mans do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Durante este acto, houbo intervencións coa lectura de textos dedicados a Sofía por parte dun grupo de alumnas de 5º e 6º curso do colexio O Coto, xunto coa intervención de José Manuel López Tuñas, ex alumno de Sofía, e amigo persoal, así como as palabras da concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas e mailo alcalde.

 

Un dos momentos máis nostálxicos correspondeu aos agradecementos por parte da familia. A súa sobriña Carmen deu as grazas ao Concello pola homenaxe a súa tía, no día en que Sofía cumpriría 91 anos «y creo que homenaje más bonito no se le pudiese hacer», dándolle as grazas públicamente a unha amiga da súa tía «a Solita que cuando ella murió se encargó de todo porque nosotros no estábamos aquí», pechándose o acto coa actuación do grupo de pandereteiras Limagoia.

 

foto090318_2.jpg

 

Co gallo do 8 de marzo, as sobriñas de Sofía Rodríguez, xunto a José Manuel López Tuñas; a directora do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro e maila concelleira, María Jesús Veiga Hortas,  participaron nunha mesa redonda en Radio Negreira.

 

powered by social2s

grafico1_080318.jpgO Concello de Negreira lembra que na contorna dos núcleos de poboación, casas ou calquera outra construcción, debe existir unha franxa de seguridade de non menos de 50 metros de distancia limpa de maleza e libre de eucaliptos, piñeiros e acacias para evitar riscos en caso de incendios forestais que poñan en perigo á veciñanza e aos bens.

 

As distancias para as plantacións de árbores varían en función da especie e do tipo de infraestruturas que teñan ao redor. Aquí tedes un gráfico para coñecer os espazos libres que debedes deixar nas vosas parcelas.

 

grafico2_080318.jpg

powered by social2s