Piano.jpgA Escola Municipal de Música de Negreira ten actualmente aberta a matrícula para o alumnado que cursou estudos musicais durante o presente curso, e cuxa audición de fin de curso terá lugar o venres 22 de xuño, ás 19:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

O día 2 de xullo ábrese o periodo de matrícula para o novo alumnado, ata o día 6 de setembro, polas tardes na Casa da Cultura, para un curso 2018-2019 que comezará no mes de outubro, e segundo informa o seu director, Raúl Martín Niñerola, este ano adiántase a presentación e asignación de horarios, concretamente ao venres 7 de setembro, ás seis da tarde, na Casa da Cultura, para que as familias poidan organizarse co resto de actividades deportivas e culturais.

 

Saxos.jpg

 

Entre as novidades para o vindeiro curso, Raúl Martín Niñerola avanza que en breve «tendremos una web propia», donde o alumnado, familias e público en xeral terán acceso a todo tipo de novas sobre a escola, as súas especialidades e os eventos que desenvolven durante curso. Polo de pronto, a Escola Municipal de Música vén de presentar o que é o seu novo logotipo.

 

escolamusicalogo.png

As especialidades que son impartidas na Escola Municipal de Música son as que seguen: Frauta; clarinete; saxofón; trompeta; trombón; trompa; bombardino; tuba; percusión; guitarra; piano; violín e gaita.

powered by social2s

Por Decreto de Alcaldía nº100/2018, de data 9 de maio de 2018, aprobáronse as bases que rexerán para a provisión en réxime de persoal laboral temporal das prazas dun capataz, un peón- conductor e, de tres peóns forestais,  para a creación da Brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, 2018 durante un período de tres meses.

 

O Concello de Negreira informa que o prazo de presentación de solicitudes é o de dez (10) días naturais, a contar desde o día seguinte ó da data desta publicación no taboleiro de edictos deste Concello.

 

As bases xunto coa solicitude para participar no proceso selectivo, pódense obter no Servizo Local de Emprego e na web municipal.

 

Bases Brigada Incendios 2018.

powered by social2s

triatlonsolidario18.jpgCon motivo da celebración este sábado 9 de xuño, do III Triatlón Solidario do Concello de Negreira, infórmase que entre as 16:00 e as 19:00 horas, permanecerán cortadas ao tráfico rodado as seguintes rúas e estradas da contorna da vila de Negreira afectadas polo circuito:

 

Ponte Ínsua, Abeanca, rúa Malecón (campo da feira), Vilachán de Abaixo, Vilachán de Arriba, avenida de Vilachán, avenida de Barcala, rúa Camiño Vello, avenida de Santiago, A Arieira, A Barquiña, A Chancela, Fontán, zonas de Abeanca e Campo da feira, Carreira de San Mauro, rúa do Carme, rúa da Cachurra, praza do Concello e praza do Cotón.

 

Polo tanto, e para que o III Triatlón Solidario Concello de Negreira se desenvolva con normalidade e seguridade, solicítase a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante o desenvolvemento da proba.

powered by social2s

lume050618.jpgCon motivo da celebración da festa do San Xoán na noite do sábado día 23 de xuño, o Concello de Negreira informa que todos aqueles veciños e entidades que desexen realizar unha fogueira ou cacharela, necesitarán unha autorización municipal, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante o evento.

 

As solicitudes pódense recoller no Rexistro Xeral do Concello para a súa posterior entrega, lembrándolles que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 20 de xuño

powered by social2s

portada040618.jpgA Escola Municipal de Ximnasia Rítmica pechou con tres ouros, unha prata e un bronce, a súa exitosa participación na primeira edición do Torneo Interescolas, cuxa fase final celebrouse o sábado 2 de xuño, no Pavillón de Pedra Mámoa. Parabéns ás nosas xóvenes ximnastas.

 

Resultados:

Kiara García: 3ª clasificada categoría Iniciación

Sara Verde: 1ª clasificada en categoría Alevín

Xiana García: 1ª clasificada en categoría Infantil

Conxunto Alevín: 2ª clasificadas

Conxunto Infantil: 1ª clasificadas

 

 

Dende o Concello de Negreira queremos felicitar a todas as ximnastas, clubes e familias que asistiron a esta fase final: Escola de Ximnasia Rítmica de Negreira; Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela; CEIP Os Tilos; Club In Mare; Ximnasia Rítmica Abegondo; Club Maniotas; Club Porta Norte; Club Gravitty; Club Ximnasia Coruña; Escola Xiada; Club Marusia Ourense; Marusia Ribadavia; Marusia O Carballiño; Escola Municipal de Maceda, e Escola Municipal de Celanova.

 

Igualmente, o noso agradecemento aos clubes e escolas participantes na V Gala Vila de Negreira: Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira; Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela; Escola Ximnasia Rítmica Compostela; Acrobática Compostela; Club Ximnasia Oroso; Colexio La Inmaculada; Ximnasio Squash Santiago; CEIP Os Tilos; Colexio La Salle; Aeroclub Santiago, e Colexio Manuel Peleteiro.

 

powered by social2s