trasnosezocos.jpgEste Nadal convértete nun trasno para que ningún neno e nena de Negreira quede sen o seu agasallo. É moi sinxelo, pois o programa Trasnos e zocos, en colaboración co Servizo de Voluntariado do Concello de Negreira, dan a oportunidade de colaborar nesta campaña solidaria.

 

No mes de decembro recibirás na túa conta de enderezo electrónico (email), unha carta na que un neno ou nena pedirá varios agasallos, dos que mercarás só un, por un valor inferior ou igual a 30€ e así, poder facelos felices.

 

Inscríbete e recibe máis información no seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no número de teléfono: 687 054 635 (preguntar por Merche).

powered by social2s

camp_reco_aliment.jpgA Asociación de Amas de Casa de Negreira, en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello, promoven dende hoxe, día 15 de novembro ata o día 10 de xaneiro de 2019, a campaña solidaria de recollida de alimentos de cara ás festas do Nadal, onde os alimentos e produtos de hixiene recadados van ser entregados por Servizos Sociais, ás familias máis necesitadas do noso concello.

 

A veciñanza pode entregar a axuda que estime oportuna nos seguintes establecementos colaboradores:

 

Casa Lula, Froiz, Gadis, Día, Eroski, Perfumerías Muchas

 

Acéptanse toda clase de alimentos non perecedeiros como: conservas; legumes; patacas; cacao; cebolas ou pan tostado, así como produtos de hixiene persoal.

Os particulares, negocios e empresas que queiran colaborar con aportacións, teñen a súa disposición un número de teléfono de contacto: 659 180 323

powered by social2s

escolamusica141118.jpgA Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de autorizar mediante unha Orde do 30 de outubro de 2018 que hoxe 14 de novembro publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), a inclusión da Escola de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A partir de agora, a Escola de Música do Concello de Negreira queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

 

 

Esta autorización definitiva pon fin a máis dunha década de espera por esta oficialidade, debido aos contratempos de tipo técnico do que foron obxeto de reparo, nas inspeccións, ás dependencias da última planta do Centro Sociocultural, onde se atopan as aulas da escola municipal.

 

 

Consulta aquí a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

powered by social2s

andainacontraviolencia2018.jpgO sábado 24 de novembro celébrase por sétimo ano consecutivo, a Andaina contra a violencia de xénero que promove o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), do Concello de Negreira, na conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero (25N).

 

Ás 09:30 horas, xuntanza no Centro Sociocultural, e ás 10:00 horas saída da camiñada polos paseos fluviais de Negreira ata Cobas, e regreso ao punto de partida, onde haberá unha chocolatada para todas as persoas participantes.

 

Ás 13:00 horas terá lugar o acto de entrega dos premios do VIII Concurso ¨Loita contra a violencia de xénero¨, de cartaces e relatos, convocado entre os escolares de Negreira.

 

A veciñanza de Negreira que queira sumarse á camiñada pode anotarse no Centro de Información ás Mulleres: 881 035 155 / 881 035 154. As primeiras 150 persoas inscritas recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo.

 

#Ninunhamenos

 

powered by social2s

alertalaranxa2.jpgO Concello de Negreira suspendeu as actividades deportivas no exterior nas súas instalacións municipais como campos de fútbol, ante as alertas laranxa e amarela, por temporal de fortes choivas e ventos na provincia da Coruña, unhas alertas activadas pola Xunta de Galicia, ás 12:00 horas de hoxe venres 9 de novembro, e que se prolongará ata a medianoite, con ventos superiores aos 100 quilómetros por hora, seguindo as indicacións da Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, que recomenda a suspensión das actividades deportivas no exterior.

powered by social2s