fundacion292.jpgA Casa do Concello de Negreira acolleu hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Fundación María Esperanza Rubido Romero, maila Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, coa participación do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, en calidade de presidente do Padroado da Fundación de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala; do alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, como vicepresidente, e María Jesús Forján Vieito, presidenta do Padroado da Fundación Mª Esperanza Rubido Romero, xunto con María Rosa Tuñas Hortas, directora da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos.

 

A Fundación María Esperanza Rubido Romero concede unha subvención anual de 10.000 euros para levar a cabo o Programa de mellora do benestar persoal e social, entre os usuarios/as da Fundación. Un programa que leva funcionando dende o pasado mes xuño ata o mes de decembro.

 

fundacion291.jpg

 

Dende a dirección da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, expresan o seu agradecemento á Fundación María Esperanza Rubido Romero, xa que dende o ano 2010 ven axudando coas súas aportacións para levar a cabo os programas de autonomía persoal e de mellora do benestar persoal e social.

 

Os obxectivos xerais do programa son:

 

Desenvolver as habilidades emocionais

Mellorar as relación interpersoais

Aumentar a autonomía persoal dos/as usuarios/as da Fundación

As áreas que se traballan no programa son:

Area de vida no fogar Area de educación emocional,

Área de vida na comunidade

Integración na comunidade

Área de formación laboral

powered by social2s

asubios.jpgA Rede de Dinamización Lingüística falaRedes, da Xunta de Galicia, achégase este primeiro domingo de decembro a nosa vila coa obra: Asubíos, da compañía Elefante Elegante. Esta montaxe vai dirixida ao público infantil, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Asubíos, é un alegato da compañía Elefante Elegante para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle. Unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular O flautista de Hamelín, recollido polos irmáns Grimm.

 

 

No espectáculo que a compañía do Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

 

Máis información sobre a obra Asubíos.

powered by social2s

camiongrua261118.jpgA directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, e mailo delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, fixeron entrega esta mañá en Negreira, dun camión cun brazo telescópico e cesta, para os traballos do servizo de mantemento de alumeados públicos dá Mancomunidade de Concellos do Tambre, asistindo os alcaldes de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño e, A Baña, Andrés García Cardeso, e mailo primeiro tenente de alcalde negreirés, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Grazas á achega económica da Xunta en 57.000 euros, a través do Fondo de Compensación Ambiental e na modalidade competitiva para concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades, permítelle á Mancomunidade do Tambre, incorporar un vehículo para garantir a seguridade dos operarios, así como para realizar outros traballos.

powered by social2s

tokapp.jpgO Concello de Negreira informa que tódalas notificacións importantes e urxentes, entre os usuarios e as usuarias das escolas deportivas e mailas escolas culturais municipais, faránse dende agora a través da plataforma de avisos para dispositivos móbiles TokApp School.

 

Todo o relacionado con incidencias, suspensións de clases, avisos de competicións, ou calquer outro aviso do interese dos usuarios, nais e pais, farase a través de TokApp, unha aplicación totalmente gratuita que se descarga no teléfono móbil ou tableta, accedendo á tenda App Store, Google Play ou Windows Phone Store. Unha vez aberta a aplicación, debes seleccionar o teu país e validar o número de teléfono ou o enderezo electrónico que facilitaches ao Concello de Negreira. Acto seguido, deberás escribir o nome de usuario e introducir o contrasinal que queiras utilizar.

 

Para calquera dúbida ou consulta sobre TokApp, débese contactar con Sporte Técnico de TokApp School no número de teléfono: 917 372 501.

 

www.tokappschool.com

powered by social2s

antiviolenciaxenero1.jpgArredor dunhas duascentas persoas, de tódalas idades, desafiaron á choiva o pasado sábado 24 de novembro para camiñar en Negreira como mostra de compromiso na loita contra a violencia de xénero, dentro da sétima Andaina que promove o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.).

 

Esta camiñada, que foi pioneira nas comarcas de Santiago e, que cumpre sete anos, estivo encabezada polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño e membros da Corporación Municipal como a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, e as concelleiras María José Carballo Villar, do Partido Popular, e María del Carmen Vieites, de Ciudadanos.

 

antiviolenciaxenero2.jpg

 

Unha vez rematada a andaina polos paseos fluviais ata regresar de novo á vila, entregáronse os premios do VIII Concurso ¨Loita contra a violencia de xénero¨, convocado por este motivo. No apartado de relatos curtos, a gañadora foi Alba Cuns Iglesias, polo seu traballo: Sen aviso. No apartado de cartaces gráficos, o premio foi para un grupo de nenos e nenas baixo o nome de: Xurelos e Sardiñas. En ambos casos, o premio consistiu nun vale agasallo de 100 € canxeable en tendas e comercios de Negreira.

 

Para rematar a xornada, repartiuse chocolate e rosca entre todos os participantes, trala lectura dun manifesto por parte da moza Alba Cuns Iglesias.

 

antiviolenciaxenero3.jpg

powered by social2s