gala220119.jpgO venres día 1 de febreiro no Auditorio do Centro Sociocultural, celebraremos a oitava edición da Gala do Deporte ¨Concello de Negreira¨, coa entrega duns premios que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante, outorgados por un xurado integrado por un representante de cada clube, os técnicos municipais de Deportes e o director de Radio Negreira.

 

A 8ª Gala do Deporte comezará ás 21:00 horas e, ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, tamén haberá actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de 90 minutos.

 

Os galardoados/as na sétima edición foron:

 

Mellor deportista do 2017 - Rodrigo Iglesias (fútbol).

Mellores deportistas promesas – Alba Cuns Iglesias (atletismo), e David Rico (kárate).

Mellor equipo – Escola Akai Ryu (kárate).

Recoñecemento á traxectoria - Carolina Vázquez Angulo (kárate).

Recoñecemento colaborador co deporte – Hermanos Mallón, SL.

Mención especial do xurado - Pablo Carnota Brenlla, a título póstumo.

powered by social2s

fisio210119.jpgO Concello de Negreira comunica que ata o día 28 de febreiro, a veciñanza pode solicitar nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, a participación no programa de fisioterapia e podoloxía, con atención gratuita aos domicilios dos beneficiarios, estando dirixido a persoas maiores dependentes ou con discapacidade (recoñecida pola Xunta), e con mobilidade reducida.

 

Máis información e solicitudes, no departamento municipal de Servizos Sociais. Teléfono de atención: 981 885 381.

 

Este programa de fisioterapia e podoloxía a domicilio para persoas maiores dependentes, ou con discapacidade, ou mobilidade reducida, está subvencionado pola Deputación da Coruña e mailo Concello de Negreira.

powered by social2s

mapalineasportada.jpgSegundo informa Unión Fenosa Distribución S.A., en breve realizarán as labores de xestión da biomasa nas liñas de enerxía eléctrica que atravesan o noso concello, xestionándose a limpeza da biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento, segundo a normativa sectorial vixente.

 

Lémbrase, que en dita franxa no poderá haber árbores de especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

 

Adxuntamos o plano correspondente ao trazado das liñas de alta (en cor verde) e media (en cor vermella), que atravesan os terreos do concello de Negreira.

 

powered by social2s

chalaobradoiro.jpgO profesor e historiador, X. Amancio Liñares Giraut  ofreceu hoxe unha charla informativa sobre a riqueza histórica e a potencialidade turística da comarca de Barcala, ao alumnado da modalidade de Turismo, dentro da acción formativa do Obradoiro de Emprego ¨Xallas-Barcala-Dubra IV¨, con sede en Negreira.

 

O obxectivo desta colaboración foi o de lograr un enfoque diferente de cara a promocionar os atractivos turísticos dos concellos de Negreira, A Baña, Santa Comba e Val do Dubra, e promover a afluencia de visitantes, de xeito que poidan aplicar estes coñecementos para optimizar a explotación dos recursos turísticos.

powered by social2s

emerxencias1.jpgA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Xunta de Galicia, entregou hoxe á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Negreira, un remolque de emerxencias, destinado á agrupación, que ve así, reforzado o seu equipamento para a atención en situación de emerxencias.

 

Este acto celebrado en A Coruña, contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Por parte do Concello de Negreira, participaron na entrega, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e Jonathan Carballo, coordinador de Protección Civil de Negreira.

 

Neste acto, tamén foron entregados dous vehículos todoterreo tipo pick-up aos concellos de Teo e Ames.

emerxencias2.jpg

powered by social2s