viaxaconnos.jpgConducido polo alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, en colaboración con Radio Negreira, este mércores 6 de febreiro verá a luz un novo espazo radiofónico como é ¨Viaxa con nós¨, onde os catro concellos serán os protagonistas. O espazo emítese a partir das 13:00 horas polo 107.0 de FM e a través de radionegreira online. Tamén estará dispoñible na oferta de Podcast da emisora comarcal.

 

Dentro das propostas de promoción turística que oferta o Obradoiro de Emprego, esta é sen dúbida unha das máis innovadoras, unha aposta pola dinamización do territorio e a divulgación do potencial turístico dos concellos participantes.

 

Trátase dun espazo semanal de contido diverso, dende entrevistas ata a descuberta de recunchos singulares, no que se invitará a audiencia a participar tanto en directo como a través das Redes Sociais. Unha das canles de contacto vai selo número de Whasapp 686 943 980.

 

Segundo destacan os seus promotores, o obxectivo primordial do espazo é a posta en valor dos recursos turísticos e do patrimonio cultural e histórico da zona, promovendo o recoñecemento da riqueza da nosa contorna.

powered by social2s

esa010219.jpgA Aula CeMIT de Negreira, no edificio do Centro Sociocultural, acolleu hoxe e por primeira vez, os exames para a obtención do título de Ensinanza Secundaria de Adultos (ESA), coa participación de 25 alumnos e alumnas, pertencentes á Escola de Adultos do Concello de Negreira, e ao Obradoiro de Emprego Barcala-Xallas-Dubra IV. As probas estiveron supervisadas por un profesor do Instituto San Clemente, de Santiago de Compostela.

powered by social2s

ela.jpgNeste último mércores do mes de xaneiro, o alumnado do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) O Coto, asistiu ao espectáculo ¨Ela¨, a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos, dentro da ampla e variada oferta cultural do Concello de Negreira.

 

Máis de 320 escolares de Primaria disfrutaron dun espectáculo que crea un mundo fantástico, a través das cores, a arte e o universo creativo da artista surrealista, Maruxa Mallo, cunha mistura de poesía, humor, teatro e danza, onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional.  

powered by social2s

lidiaparada.jpgA catro veces consecutivas campioa de España absoluta de lanzamento de xavelina, a atleta Lidia Parada Santos, natural da Pobra do Caramiñal, asiste este venres 1 de febreiro á VIII Gala do Deporte ¨Concello de Negreira¨ como madriña deste importante evento social que reúne aos mellores deportistas de Negreira.

 

Lidia Parada compite pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, onde adestra con Abelardo Moure. Representou a España no Campionato do Mundo Xuvenil de Bressanone, no ano 2009, en Italia, onde rematou na decimo oitava posición; na Ximnasiada Mundial (2010), en Doha, no oitavo posto; no Campionato do Mundo Xúnior de Barcelona de 2012, onde terminou na décima cuarta posición e, no Campionato de Europa Sub 23 de Tampere (2013), onde concluíu no undécimo posto. Na mesma categoría, foi quinta no Campionato do Mediterráneo, en Marsella, no ano 2014.

 

En 2015 conseguiu o resultado máis importante da súa carreira deportiva, clasificándose na sexta posición no Campionato de Europa Sub 23 celebrado en Tallin (Estonia). A súa estrea coa Selección Española Absoluta produciuse nos Campionatos Iberoamericanos de Atletismo, celebrados na cidade brasileira de Sao Paulo no ano 2014. Finalizou na quinta posición.

 

En marzo de 2014 clasificouse na quinta posición na Copa de Europa de Lanzamentos de Inverno, en Leiria (Portugal), na proba de xavelina Sub 23, sendo ata o momento, o seu mellor resultado a nivel internacional. É campioa de España absoluta nos anos 2015, 2016, 2017 e 2018. A súa mellor marca persoal é de 61,25 metros, acadada en Xetafe (Madrid), no Campionato de España de Atletismo 2018, sendo a segunda mellor marca absoluta en España de todos os tempos.

 

Con esta distancia gañou un billete para o Europeo de Berlín 2018 coa 13ª mellor marca europea do ano. Alí, quedou 14ª, lonxe da súa mellor marca.

 

Actualmente, estase a preparar para o Mundial de Atletismo de Doha 2019 e para as Olimpiadas de Tokio 2020, onde o atletismo español ten posta moitas esperanzas nesta xoven e prometedora deportista da Pobra do Caramiñal.

powered by social2s

pessoa250119.jpgO profesor e escritor, Carlos Quiroga, considerado o maior «pessoano» en Galicia, que é como se coñece aos especialistas na vida e obra do poeta portugués, Fernando Pessoa, un dos máis importantes da literatura mundial, estivo onte cos alumnos de lingua portuguesa do instituto Xulián Magariños, nun encontro promovido pola profesora Nuria Araúxo e logo, pasouse polos estudos de Radio Negreira, contando coa participación do alumnado módulo de Promoción turística, do Obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, para falar sobre o seu libro: As raíces de Pessoa na Galiza.

 

Carlos Quiroga afonda na súa investigación sobre as orixes galegas de Pessoa, sinalando que: «Hai tres apelidos relacionados coa zona que teñen que ver con Pessoa. O pai era Manuel de Lens, oriundo ou de Liñaio ou de Aro. No casamento dos pais fala de Aro, máis no nacemento dunha irmá, fala de Liñaio, ou mesmo de Lens, porque o pai era Manuel de Lens, o mesmo que a nai era Antonia do Maio».

powered by social2s