Celebrado o concurso infantil de disfraces das festas de Entroido 2019 do Concello de Negreira, ofrecémosvos o resultado final do certame celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural, coa participación do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, quenes acompañaron ás familias participantes.

 

Categoría A (1 a 6 anos):

 

1º clasificado.- Teo e Julieta Pedrouzo Riveiro, con Capitán pirata e princesa do mar.

 

2º clasificado.- Gael Barreiro Lodeiro, por Paiaso terrorífico.

 

3º clasificado.- Pedro e Rita Silva Noya, por Sr. e Sra. Potato.

 

 

Categoría B (7 a 16 anos):

 

1º clasificado.- Catuxa Sampedro Pereira, por A raiña do xeo.

 

2º clasificado.- Manuel e Aihnara Calo Gorgal, por Loriños de Negreira.

 

3º clasificado.- Lucia Mariño Garrido, por Chica just dance.

 

powered by social2s

A Asociación Galega de Matronas congratúlase da entrega do Premio 8 de Marzo, este xoves 7 por parte do Concello de Negreira, a Beni Castro Calvo, matrona da comarca de Barcala, nun  acto a desenvolverse no Auditorio de Negreira, a partir das sete da tarde.

 

Segundo indicou a Asociación Galega de Matronas: «Sentímonos dobremente orgullosas por esta distinción, xa que ademáis da merecida homenaxe pola traxectoria da nosa compañeira, trátase tamén dun galardón que axudará a destacar a profesión das matronas, sempre ao lado das mulleres», sinalou.

 

Dende fai tres anos, o Concello de Negreira instituiu este galardón que anualmente recoñece a labor dunha muller vencellada co noso territorio. Trátase dun acto aberto a toda a cidadía da comarca de Barcala. 

 

Ver imaxe en tamaño completo

powered by social2s

Infórmase de algúns cambios que afectan ás rúas Nelson Mandela e Tourío. O Concello, tras escoitar as demandas da veciñanza da zona, e tras consultar á Policia Local un informe sobre a viabilidade de ditos cambios e, tras recibir un informe que os aproba, decidiuse levar a cabo os cambios.

 

Así pois, a partir do venres 1 de marzo, a rúa Tourío pasa a ter sentido único de circulación dende a avenida Xulián Magariños e saída pola avenida de Barcala, quedando de dobre sentido a rúa de confluencia entre a rúa Tourío e a rúa Nelson Mandela.

 

Por outro lado, rematados os traballos de mellora e sinalización das marcas viarias da rúa Nelson Mandela, ésta pasa a ter sentido único en dirección desde a avenida de Barcala hacia a avenida Xulián Magariños.

powered by social2s

A comparsa Talismán fantasía circense, de Salceda de Caselas, foi a gran triunfadora do desfile-concurso de Entroido 2019 do Concello de Negreira, sendo un dos de maior participación de concursantes e público dos últimos anos, demostrando o gran tirón que segue tendo o desfile de Negreira, situándose entre os máis participativos de toda Galicia. O actor Luis Zahera, premio Goya ao mellor actor de reparto pola película El Reino, animou co seu pregón a vivila festa.

 

Talismán fantasía circense fixo dobrete a xuízo do xurado, pois levouse o primeiro premio en comparsas e mailo primeiro en carrozas, dotado cada un con mil euros. As carolinas van de romería, dos Carnavaleiros de Liñaio, foron outros dos triunfadores co segundo premio en comparsas (600€), e o terceiro en carrozas (300€). Os Remolóns, de Vilagarcía de Arousa, leváronse o terceiro en comparsas e máis un accésit de cen euros en carrozas con A accidentada chegada a Oz. O premio Juan Varela Areoso á mellor copla recaeu en: Barcala en forma, dotado con cen euros, dos Carnavaleiros de Barcala.

 

En grupos o gañador foi Os paiasos manicómicos, de Ordes (250€), seguidos de Maricón o último (150€), e Alicia no país das maravillas (100€). Na modalidade de individuais e parellas: O primeiro premio foi: Raiña de corazóns e sombreireiro tolo, de Aguiño (150€); seguido de Parella de palacio, de Santiago (100€), e terceiro foi o disfraz: Pulpo á feira, de Negreira.

 

Resultado do concurso

Modalidade de comparsas:

1) Talismán fantasía circense (Salceda de Caselas)

2) As carolinas van de romaría (Negreira)

3) Os Remolóns (Vilagarcía)

4) Tesouros do mar (Noia)

Accésit 1 - Os amesais (Ames)

Accésit 2 - GA-LEGOS (Teo)

 

Modalidade de carrozas:

1) Talismán fantasía circense (Salceda de Caselas)

2) Amigos da troula (Portas)

3) Pazo do Cotón (Negreira)

4) Tesouros do mar (Noia)

Accésit 1 - A accidentada chegada a Oz (Vilagarcía)

Accésit 2 - Welcome to Chueca (Negreira)

powered by social2s

Por mor da celebración do desfile do sábado de Entroido, o Concello de Negreira lembra a prohibición de estacionar desde primeiras horas do sábado en toda a contorna da Praza do Concello, así como na totalidade das rúas de Castelao e o Carme, por onde accederán as carrozas, comparsas e grupos participantes no desfile na parte final do mesmo, ata chegar á Casa do Concello.


En previsión de informar á veciñanza e visitantes, o Concello xa instalou notas informativas nas tres zonas onde estará prohibido aparcar dende primeiras horas do sábado e ata que devanditas rúas queden definitivamente abertas á circulación, unha vez rematado o desfile.


Para velar polo bo desenvolvemento do desfile, está en marcha un dispositivo integrado pola Policía Local e os voluntarios de Protección Civil, quenes velarán pola seguridade dos participantes e mailo público asistente, polo que prégase sigan en todo momento as indicacións deste persoal.


É importante que non se estacione en cruces e zonas de xiro das carrozas e comparsas, de cara a facilitar as manobras das grandes estructuras durante o desfile.


Asemesmo, recoméndase non utilizar os seus vehículos polo centro de Negreira, na tarde do sábado día 2 de marzo, a partir das 17:00 horas en diante e ata que rematen os actos.

powered by social2s