diputacion140319.jpgA Deputación da Coruña e 74 concellos da provincia, entre eles o Concello de Negreira, estrean as súas renovadas sedes electrónicas, que permiten á cidadanía interactuar dun xeito máis áxil e intuitivo co seu concello ou coa Deputación sen horarios nin esperas, realizando xestións sen moverse do seu domicilio ou oficina e dun xeito completamente seguro.

 

A sedes electrónicas funcionan as 24 horas e durante os 365 días do ano e permiten realizar algúns trámites cotiáns ante a administración como o envío de solicitudes (inscrición en actividades, reserva de instalacións deportivas, solicitude de axuda a domicilio, licenzas de vados, ou subvencións…), ou a validación de documentos electrónicos ou a consulta de expedientes e notificacións.

 

Acceso máis simple

 

As novas sedes adaptánse á nova lexislación en materia de protección de datos e permiten o acceso identificándose con clave segura, polo que xa non será necesario instalar ningún software ou hardware adicional e os trámites poden realizarse dende calquer dispositivo móbil (ordenador, teléfono, tablet…).

 

A nova plataforma conta ademáis con máis certificados de autoservizo, como a posibilidade de xerar certificados de empadroamento.

 

A día de hoxe, os trámites realizados a través das sedes electrónicas da Deputación e os concellos da provincia, sumadas ás que proceden do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), xa superan as entradas efectuadas nos rexistros de forma presencial.

powered by social2s

DSC_1393.JPGO Concello de Negreira aprobou a nova proposta para impulsar o emprego entre mozos e mozas da zona. No pleno ordinario do pasado luns 11 de marzo, deuse luz verde de forma unánime á solicitude dunha subvención á Consellería de Política Social para poñer en marcha un maior número de accións dirixidas á mocidade. O plan pretende mellorar a formación, o emprendemento e a ocupación da xuventude, así como fomentar a participación xuvenil no ámbito municipal e promover a educación non formal.

 

Esta proposta presentarase conxuntamente co Concello de Val do Dubra, co cal Negreira comparte necesidades nun espazo limítrofe, e co que xa colaborou anteriormente nesta materia obtendo uns bos resultados. “Cremos que é importante para ambas as administracións cooperar, como o fixemos ata agora, para levar a cabo labores locais que permitan a inserción da xente nova no mundo laboral”, explicou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.


A iniciativa, que estaría enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), inclúe formacións en novas tecnoloxías, idiomas, prospección empresarial, así como obradoiros para mellorar as habilidades nunha entrevista, entre outras accións. Todas estas actuacións están dirixidas a facilitar a inserción laboral deste sector da poboación.


Medidas para o Xacobeo 2021


No pleno tamén se aprobou a colaboración entre os Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra, na solicitude conxunta das axudas para levar a cabo o proxecto “Val de vales, unha peregrinaxe polos sabores, o patrimonio e a natureza dos vales da Barcala e Dubra”. Un plan que forma parte do programa de dinamización do Xacobeo 2021 na zona.


Os traballos que se pretenden levar a cabo nese ámbito incluirían medidas de desenvolvemento e impulso de áreas rurais, de promoción do patrimonio artístico, natural e cultural da zona, así como de fomento da gastronomía local.

powered by social2s

diadamuller2.jpgDende o Concello de Negreira queremos promover e facer ver aos nosos veciños que nós tamén nos sumamos ao movemento vencellado ao día de hoxe ca folga xeral polo Día Internacional da muller.

 

Hoxe e un día histórico porque, a pesar dos máis de 150 anos de loita pola igualdade, este é o segundo ano que a folga e legal, posto que a folga do ano pasado foi simbólica.

 

Como todos saben, o Concello de Negreira está moi vencellado ao momevento igualitario, de feito, onte día 7 de marzo, levouse a cabo a terceira gala do Premio 8 de marzo, onde este ano a homenaxeada foi Beni Castro.

 

O movemento feminista deixounos grandes persoaxes femininas, aquí unas poucas frases de algunas delas:

 

“He aprendido a aceptar el reto de hacer cosas que nunca antes he hecho. Crecer como persona y la comodidad nunca pueden coexistir juntos.” - Virginia Rometty., Directora executiva de IBM.

 

“Cuántas preocupaciones se pierden cuando alguien no decide ser algo, sino alguien.” -Coco Chanel., Fundadora de Chanel.

 

“No puedo decir si las mujeres son mejores que los hombres. Sin embargo, sí puedo decir sin dudar que no son peor.” -Golda Meir., Primeira muller ministra de Israel nada en 1898.

 

“La igualdad llegará cuando una mujer tonta pueda llegar tan lejos como hoy llega un hombre tonto.” -Estella Ramey., Psicóloga, endocrina e feminista.

powered by social2s

DSC_0833.JPG

Un auditorio de Negreira ateigado de público, preferentemente mulleres da comarca de Barcala, rendeuse en aplausos e postos en pé, cando o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, entregoulle a Beni Castro, o Premio 8 de marzo, que anualmente recoñece a traxectoria e o labor dunha muller na súa faceta profesional e persoal.

 

Interviron entre outras, Yolanda Abruñeiras, unha das súas primeiras usuarias, e mais outras nais asistentes, así como compañeiras de profesión como Diana Luque, secretaria da Asociación Galega de Matronas, entidade á que pertence Beni, asistindo Angélica Núñez, matrona de Boqueixón, e María Teresa Moreira, matrona de Val do Dubra. Ademais, tamén participaron estudantes do equipo de Igualdade do instituto Xulián Magariños.

 

A concelleira da Muller, Mar García Vidal, e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, deron paso a unha longa alocución da homenaxeada, quen tivo tempo para os agradecementos, e tamén, para deixar caer críticas e reflexións sobre a importancia do papel das mulleres.

powered by social2s

A estudante do IES Xulián Magariños, Alicia Romarís, gañadora do II Concurso de Pintura Mural Quen dixo medo?, a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero da Área de Igualdade e Benestar da Deputación da Coruña, vén de rematar e plasmar  a  obra presentada ao concurso nunha parede de máis de catro metros de ancho e dous de alto.

 

O lugar escollido finalmente foi o Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, espazo que cedeu e adaptou o Concello de Negreira para que a alumna do IES Xulián Magariños, puidese levar a cabo ou mural.

 

A autora do debuxo estivo arroupada por persoal do Concello, así como compañeiras e compañeiros do Equipo de Igualdade do instituto negreirés. A nosa noraboa polo premio e o traballo agora plasmado na parede exterior do pavillón de deportes. 

 

powered by social2s