Portada.jpgA nosa noraboa ao equipo presentado polo instituto Xulián Magariños, que acadou 386,5 puntos, a máxima puntuación dos seis equipos participantes, seguido do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, con 370,5 puntos. Ambos equipos pasan á gran final do sábado 11 de maio no Pazo dá Cultura, en Pontevedra.

 

O tema para debater na fase de zona de Negreira foi: Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación. Durante toda a xornada do pasado venres 5 de abril, os seis equipos debateron no Auditorio do Centro Sociocultural, tanto defendendo a postura a favor coma en contra.

 

O equipo do IES Xulián Magariños que continúa coa tradición de anteriores grupos que chegaron a proclamarse campións do Club de Debate está integrado polos seguintes estudantes: Carolina Cunqueiro, Lorena Golán, Lara López, Andrea Losada, Iria Sánchez, Pablo Suárez, Diego Suárez e Inés Tuñez. Xunto ca súa coordinadora María José García Merino, profesora do departamento de galego no centro, e a súa prepraradora Sara Porrit Marchena.

 

Puntuación final

1) - IES Xulián Magariños: 386,5 puntos

2) - CPI Eusebio Lorenzo Baleirón: 370,5 puntos

3) - IES Leixa (Ferrol): 369 ptos

4) - IES Félix Muriel (Rianxo): 354,5 puntos

5) - IES Canido 2 (Ferrol): 303,5 puntos

6) - IES Canido 1 (Ferrol): 255 puntos

 

pie_pagina.jpg

powered by social2s

punto_info_peregrino.jpgDende hoxe abre as súas portas, a Caseta de información turística e ao peregrino, na avenida de Santiago, cuxo horario de apertura, de luns a domingos, é de 11 a 14 horas polas mañás e, de 16 a 19 horas polas tardes, segundo informa o Concello de Negreira.

 

Unha informadora atenderá a caseta neste tempo ata que se reforce con novo persoal, xa con vistas á tempada de verán. Tamén contará co reforzo cada xoves, do alumnado-traballador do Obradoiro de Turismo Xallas-Barcala-Dubra IV que atenderá aos peregrinos e visitantes.

powered by social2s

triatlon_solidario050419.jpgNegreira acolle as súas primeiras Xornadas sobre Enfermidades Raras

 

O Club Triatlon Cerveceria O Coton Negreira, en colaboración co Concello de Negreira, pon en marcha as primeiras Xornadas sobre Enfermidades Raras, coas que pretende achegar a toda a cidadanía a problemática relacionada con este grupo minoritario de enfermidades. Devandita xornada desenvolverase no Auditorio do Centro Sociocultural, o xoves día 25 de abril, contando coa participación de recoñecidos investigadores, que nos amosarán, cada un dende a súa perspectiva, os aspeitos máis relevantes destas patoloxías, as cales constitúen o motivo da causa solidaria coa que cada ano se celebra o Triatlón Solidario.

 

As xornadas están abertas a tódolos públicos e a entrada é de balde. Damos conta do programa:

 

10:30-10:50.- Inauguración por parte do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

10:50-11:30.- “O papel dá fisioterapia no tratamento dás enfermidades raras”, a cargo de Carmela Otero, Laura Dopazo e Noelia Suárez. Especialistas do centro Fisionicra (Negreira).

11:30-12:10.- “Aportes dende a psicomotricidade vivenciada relacional”, por Milagros Lorenzo Pérez, psicóloga clínica especialista e psicomotricista. Responsable do centro Medrando xuntos SCP.

12:10- 12:40.- Descanso

12:40-13:20.- “A inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais”, a cargo de Mónica González, psicóloga educativa. Coordinadora da Unidade de Dificultades no Desenvolvemento e na Aprendizaxe do Servizo de Psicoloxía da USC.

13:20-14:00.- “Para qué é un can de asistencia. Para qué ter un”, por María Sabell, especialista en conduta animal e Roberto Freire, psicólogo. Pertencen á asociación Só lles falta falar.

14:00-16:30. – Pausa para o xantar.

16:30-17:30.- “A atención ás enfermidades raras dende o servizo de Pediatría do CHUS”, por Irene Rivero, Patricia Fuentes e María José de Castro. Pediatras no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

17:30-18:30.- “Pasado, presente e futuro dás GRINopatías, unha encefalopatía pediátrica rara”, por Xavier Altafaj, investigador da Unidade de Neurofarmacoloxía do Institut d´Investigació Biomédic de Bellvitge (Idibell).

18:30-19:30.- "O diagnóstico dás enfermidades raras de orixe xenético”, a cargo de Ángel Carracedo, catedrático de Mediciña Legal dá Universidade de Santiago de Compostela, investigador e experto mundial en xenética.

19:30-20:00.- Clausura das Xornadas. Rocío de Frutos, deputada no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense e precursora dá reforma dó Real Decreto 1148/2011 (Prestacións económicas por coidado de menores afectados por enfermidades raras).

 

Como peche das xornadas vaise a presentar o IV Triatlón Solidario de Negreira, a celebrarse o sábado 25 de maio, e cuxo padriño vai ser Manuel Raña.

 

Attachments:
Download this file (Diptico_jornadas_triatlon_solidario.pdf)Díptico informativo
powered by social2s

Con motivo da próxima celebración das Eleccións municipais e ao Parlamento Europeo 2019, que terán lugar o día 26 de maio de 2019. E para que as listas do censo sexan o máis reais posibles, ábrese o prazo de consulta das listas.

 

Este prazo de exposición pública das listas do Censo Electoral será o comprendido entre os días 8 e 15 de abril de 2019 próximos, ámbolos dous días inclusive.

 

A consulta e as posibles reclamacións contra as referidas listas efectuaranse na Secretaría Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9:00 horas ata 14:00 horas.

 

Texto do bando :

http://www.concellodenegreira.gal/index.php/gl/administracion/publicacions-oficiais/1476-bando-alcaldia-municipais-e-europeas

powered by social2s

logo_xunta.pngBenestar en balnearios 2019

 

A Xunta de Galicia, a través da orde do 25 de marzo de 2019, convoca un total de 700 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais designados.

 

Persoas beneficiarias

 

Persoas maiores de 60 anos ou de 55 anos sendo pensionista por xubilación, invalidez ou viuvez entre outras que estén empadroadas nalgún concello da Comunidade. Para poder solicitar este programa, a persoa interesada deberá poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, agás no caso de fillas ou fillos que acudan en calidade de acompañantes.

 

E importante que non ter contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais, non padecer enfermedades de carácter contaxioso, nin alteracións do comportamento que poidan afectar á convivencia.

 

Acompañantes

 

A persoa que a solicite poderá ir acompañade do seu cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia, que cumpra os requisitos anteriores. Un fillo ou filla cun grao de discapacidad superior ao 33%, que sexa autónoma, comparta cuarto cos pais e cumpra os requisitos arriba referidos.

 

Duración

 

As quendas teñen unha duración de dez dias e nove noites cada unha, realizaránse en réxime de pensión completa e comprenderán dende as 12:00h do dia de chegada ata as 12:00h do dia de saída, serán entre os meses de maio e outubro de 2019.

 

Servizos

 

O programa conta co aloxamento e manutención en pensión completa e en cuartos dobles, tratamentos termais, que inclúen, recoñecemento médico, tratamento básico en relación co recoñecemento anterior e o seguemento médico que se necesite.

 

Ademáis, o programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento sen custo extra e a póliza colectiva de seguro turístico.

 

O desprazamento de ida e volta entre o domicilio e o establecemento será por conta propia da persoa beneficiaría, aínda que o establecemento facilite esta comunicación.

 

Os beneficiarios que queiran aloxarse nun cuarto individual, terá que facerse cargo da diferenza do custo que supoña. As que precisen unha dieta especial, deberán informalo no momento de presentar a solicitude e deberán mostrar probas que o acrediten.

 

As actividades extras que organice o establecemento con custo adicional, serán os beneficiarios os que se farán cargo por conta propia.

 

Prezo

 

A achega da consellería de Política Social ao finanzamento será do 31.23% da praza. O resto do importe ata completar o custo da praza será por conta da persoa beneficiaria. Os prezos rondan entre os 287,50€ e os 361,00€. Na páxina da Xunta se poden consultar a tabla completa de destinos e prezos.

 

Documentación

a.  Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

 

b.  Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.

c.  Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, de non ser expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.

d.  Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

 e.  Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, cuarto individual ...).

 

Prazos para a presentación de solicitudes

 

Un mes dende o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.

 

Lugar de presentación

 

>>  Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

>>  Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

As persoas usuarias poden obter información sobre este programa no Teléfono social: 900 333 666

 

 

powered by social2s