igualdade_web_300419.jpgO Concello de Negreira levou a cabo, no marco do seu novo Plan de Igualdade, cinco sesións formativas sobre igualdade de xénero ás que asistiron 107 traballadores e traballadores. Estas charlas pretendían concienciar aos e ás asistentes sobre os estereotipos e os condicionantes de xénero que imperan na sociedade e aos que a mulleres teñen que enfrontarse.

 

A estas formacións, celebradas no Centro Sociocultural, acudiron traballadores das oficinas municipais (15), de obras (12), e doutros departamentos, como persoal da radio, de limpeza, de escolas infantís, de axuda a domicilio, da escola de música, de conserxería, do obradoiro de emprego, Policía Local e voluntariado.

 

A participación foi maioritariamente feminina (57%). Os traballadores e traballadoras que se achegaron puideron coñecer máis sobre os principios de igualdade entre home e muller, así como concienciarse sobre a situación de desigualdade e de discriminación de xénero na que se atopa a sociedade actual.

 

“Desde o Concello poñemos en marcha este tipo de iniciativas co obxectivo de que as prácticas profesionais ofrezan as mesmas oportunidades e dereitos ás mulleres, que a diario teñen que verse sometidas a situacións de discriminación polo simple feito de ser mulleres”, segundo explicou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño. “Para min é unha prioridade loitar contra estes estereotipos sociais para mudalos dunha vez e conseguir unha sociedade xusta para todas e todos”, recalcou.

 

O Concello pretende continuar con este tipo de accións, organizando obradoiros e charlas tamén noutros ámbitos, como pode ser o escolar.

powered by social2s

logo.pngCatrocentos rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña, os cales están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse durante o mes de xullo no Centro Calvo Sotelo, dependente da Deputación da Coruña, ubicado na cidade da Coruña, en catro quendas de 5 días de duración cada unha.

 

O prezo do campamento é de 85 euros, e inclúe transporte, estadía e manutención. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 31 de maio nos concellos da provincia.

 

A rapazada de Negreira participará na 4ª quenda, do 21 ao 26 de xullo, cando os da Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Santiago, Teo, Boiro, Boqueixón, Dodro, Lousame, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Tordoia, Trazo e Vedra.

 

En cada quenda participarán un total de 100 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por monitores titulados e  un director/a de campamento.

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes naúticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais a centros de interese cultural na cidade e a comarca da Coruña coma a Torre de Hércules, o castelo de San Antón ou o Aquarium Finisterrae.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

 

Máis información en https://www.dacoruna.gal/deportes

powered by social2s

itv2.jpgA Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao concello de Negreira nas seguintes datas:

 

1 – Do 24 ó 25 de xuño, no campo da festa de Alvite (Pesadoira).

2 – Do 26 ó 28 de xuño, no Aparcadoiro do Campo da Festa (Negreira).

 

O horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas, e de 15.15 a 18:00 horas, 

 

Para solicitar cita previa, pódese chamar por teléfono ó 902 30 90 00, ou ben a través da web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.

 

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

powered by social2s

Logo_28A_grande290419.jpgConsulta os resultados finais escrutados nas doce mesas electorais do concello de Negreira nas Eleccións Xerais 2019 celebradas o domingo 28 de abril, coa vitoria do Partido Socialista de Galicia-PSOE con 1.336 votos (33,58%); seguido do Partido Popular con 1.282 votos (32,22%); Podemos-Eu-Mareas en común-Equo, con 440 votos (11,06%); Ciudadanos con 397 (9,98%); o Bloque Nacionalista Galego, con 210 (5,28%), e Vox que obtivo 194 votos (4,88%).

 

 

Attachments:
Download this file (resultados28A.pdf)Ver resultados
powered by social2s

carteldefinitivo_web.jpgEsta edición da Ruta das Tapas de este ano, a oitava, será entre o 3 e o 5 de maio.

 

Cantos de taberna

 

Esta edición trae como novidade os cantos de taberna, aqui as actuación programadas:

 

10.png

 

Tapasporte cos horarios da ruta e tapas ofrecidas polos locais

 

O Tapasporte pódese recoller  na Casa da Cultura, no Concello ou en calquera dos establecementos adheridos ao concurso ou mesmo acceder a el e imprimilo nesta mesma páxina, ao final da mesma.

 

Os hosteleiros esperan a visita dos participantes no seguintes horarios:

Viernes:  19:00 as 22:30

Sábado: 12:00 14:30 e 19:00 as 22:30

Domingo: 12:00 14:30 

 

Portada.jpg

 

interior.jpg

Bases do concurso e o Tapasporte:

 

powered by social2s