Reproducimos o agradecemento que o director xeral do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (IDIBELL), ou doutor Gabriel Capellá Munar, fíxonos chegar polo donativo de 3.000 € destinados ao estudo das GRINpatías que realiza o grupo do doutor Xavier Altafaj, investigador que participou nas I Xornadas sobre Enfermidades Raras celebradas o pasado 25 de abril no Auditorio de Negreira, así como no IV Triatlón Solidario Concello de Negreira, do pasado 25 de maio.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira colaborará coa Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), na campaña de sensibilización #LuzporlaELA, vinculada ao Día Mundial da ELA, que se celebra este venres día 21 de xuño, co que preténdese iluminar de verde monumentos, edificios institucionais ou lugares emblemáticos de Galicia, dándolle así, visibilidade a esta proposta de carácter solidaria e que a sociedade comprenda a que se enfrontan os enfermos e as súas familias ante este fatal diagnóstico.

 

A acción consiste en iluminar de cor verde durante a noite do día 21 a fachada da Casa do Concello, así como a maior cantidade de monumentos e edificios emblemáticos en Galicia, en apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que existe.

 

Pódese consultar toda a información da iniciativa e os puntos de iluminación xa confirmados na páxina web habilitada para tal fin: www.luzporlaela.es.

powered by social2s

O campo municipal Jesús García Calvo, no Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa, acollerá o domingo 14 de xullo pola mañá, a undécima proba da Liga Autonómica de Agility, un deporte en auxe e, no que participan cans e persoas, que consiste en guiar ao can para que percorra un circuito cheo de obstáculos, no menor tempo posible, coa maior precisión e co mínimo número de erros ou faltas.

 

Esta 11ª proba da Liga Autonómica de Agility está organizada polo Club de Agility Mascoguaou, en colaboración co Concello de Negreira, e o apoio de diversas firmas comerciais.

 

O director da proba será o presidente do Club Agility Mascoguaou, Jorge Vázquez Álvarez, quen forma parte do Comité Organizador xunto ao presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Díz, o secretario xeral da Federación Galega de Caza, José Moure Caneda, e mailo presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, José María Álvarez Villar. Actuará como xuíz da proba, Félix Fernández Traseiras.

 

Horario da proba

09.30 horas – Entrega de documentación

10.00 horas – Promoción

12.00 horas – Competición

14.00 horas - Iniciación

 

powered by social2s

Este sábado 22 de xuño, a partir das 16.00 horas, celébrase nun circuito urbano e pechado ao tráfico, a sétima edición da Volta Ciclista ¨Concello de Negreira¨, de categorías escolas, cadete e xúnior, dentro do circuito de carreiras do Campionato Galego en estrada, baixo a organización do Club Ciclista Negreira e maila Federación Galega de Ciclismo, e coa colaboración do Concello e de Protección Civil de Negreira, así coma o apoio de distintas firmas comerciais de Negreira e comarca.

 

Corte de tráfico

Con motivo da celebración deste importante evento deportivo en Negreira, e para que poidase desenvolver coa máxima seguridade dos participantes, o Concello solicita a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante a tarde do sábado 22.

 

As rúas que permanecerán totalmente cortadas ao tráfico entre as 16.00 e ás 20.00 horas, son as seguintes: Avenida das Brañas; rúa Deportivo da Coruña; Carballiños; Xosé M. López Ardeiro; Castelao; Teresa Fabeiro Caamaño; Tambre e Camiño Vello (só un carril na confluencia coa avenida das Brañas).

powered by social2s

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións, as necesidades de subministración na parroquia de San Vicente de Aro, o Grupo Naturgy informa que o mércores día 19 de xuño, de 9.00 a 12.30 horas, vaise a proceder a deixar fora de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante rese intervalo de tempo.

 

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan aos seguintes lugares:

- Aro: número 5, 6, 12 e 9955.

- Camiño Real: Aldea do Camiño Real, número 1 ao 4, 6 ao 16, 18, 8022, 8042, 9000 e 9700.

 

Para calquera aclaración ao respecto, os clientes poden poñerse en contacto co Grupo Naturgy no seu número de teléfono: 900 333 999.

 

powered by social2s