O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, entregaron hoxe na sede da Deputación catro vehículos adaptados destinados a catro entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia, entre elas, á Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual “Comarca de Barcala”.

 

O vehículo que dispón de 9 prazas, destinarase ao transporte de persoas con diversidade funcional. O alcalde de Negreira, e vicepresidente da Fundación, Manuel Ángel Leis Míguez, recepcionaba o vehículo acompañado polo concelleiro do goberno da Baña, Manuel Landeira.

powered by social2s

O Concello de Negreira felicita as presentes festas de Nadal cunha postal que mostra unha imaxe nocturna da Pontemaceira, iluminada con motivo da declaración dun dos pobos máis bonitos de España, o 1 de agosto de 2020. A postal de Nadal atópase en todos os soportes dixitais nas RRSS como Facebook; Twitter e Instagram.

 

Así pois, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, felicita ás festas á veciñanza, visitantes e a tódalas administración; en nome da Corporación Municipal dende un dos monumentos emblema e máis visitados de Negreira, que é a porta de entrada dos peregrinos que percorren o Camiño de Fisterra e Muxía.

 

Bo Nadal e próspero ano 2022 desexámosvos a todos os veciños e veciñas, así como a todas persoas que visitades Negreira.

powered by social2s

Diseño sin título (18).png

Trinta e cinco nenos e nenas de Negreira recibirán o seu agasallo dos Reis Magos grazas á colaboración de persoas solidarias que de forma anónima recibiron unha carta na que un neno ou nena, pediu varios agasallos, dos cales, os participantes na campaña para axudar aos Reis Magos mercarán só un, de valor igual ou inferior a trinta euros.

 

A campaña está promovida dende o Servizo de Voluntariado, quen agradece o esforzo realizado por todas as persoas participantes que no ano 2020 permitiu que 38 cativos e cativas tivesen un agasallo mediante esta campaña para axudar aos Reis Magos.

 

Un dos requisitos segundo explicou en Radio Negreira a súa coordinadora, Laura Platas, é que as familias beneficiarias deben de levar máis de seis meses residindo no noso concello. Igualmente, Laura Platas facía un chamamento para a doazón de xoguetes en bo estado que poden ser entregados ou ben no Roupeiro municipal, ou poñéndose en contacto coa oficina do Voluntariado no número de teléfono: 664 074 674.

 

Laura Platas fíxo ademais un chamamento á cidadanía para que as aportacións de roupa e calzado que se fagan ao Roupeiro, cheguen nun estado óptimo para os destinatarios da axuda.

powered by social2s

 nadal-negreira.png

O Concello de Negreira, abre o prazo de inscrición para o programa NADAL LÚDICO que se desenvolverá nas instalacións do CEIP O Coto. Está dirixido a familias con menores de 3 anos a 12 anos durante as vacacións de Nadal do alumnado (de luns a venres, excepto días festivos). Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde de inscrición e os seguintes criterios recollidos no Regulamento Negreira Concilia (BOP do 7 de maio de 2021):

 

1º criterio.- Familias con menores empadroados no Concello de Negreira.
2º criterio.- Familias que aporten informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.
3º criterio.- Familias numerosas.
4º criterio.- Familias monoparentais.
5º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
6º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no Concello de Negreira.

 

Documentación a aportar:

- Modelo normalizado da ficha de inscrición.
- DNI dos responsables do menor.
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Declaración de IRPF e no caso de non presentala certificación negativa.
- Acreditación da situación laboral dos proxenitores e dos criterios de adxudicación de prazas.


Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.
2.- Reducción por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.


O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise. O desenvolvemento do programa Nadal Lúdico realizárase seguindo un estricto protocolo de seguridade adaptado as circunstancias que se están a vivir debido a covid-19.

 

As solicitudes deben presentarse nas oficinas do rexistro da Casa do Concello. Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres, solicitando cita previa nos números de teléfono 981 886 320 / 881 035 154, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 17 ao 21 de decembro de 2021.

DOCUMENTOS PARA DESCARGA

powered by social2s

bolechas.png


Os monecos están de xira coa Xunta de Galicia e farán a súa parada no noso concello, o xoves día 30 de decembro co espectáculo "O crebanoces de Nadal". As entradas son de balde, e a cita é a partir das 18:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, dentro da programa de Nadal.


Os Bolechas van preparar unha carta a Papá Noel, pero a cousa complícase e deciden seguir o labor comendo noces, que así pensan mellor. Mais as noces teñen a casca moi dura e escachan os dentes. Entón, os irmáns collen un crebanoces na cociña, pero trillan os dedos. De súpeto, alguén chama á porta e aparece un enorme crebanoces de Nadal chegado directamente de Alemaña para axudalos, mais ao pouco de empezar, o convidado fica inmóbil. Tras unha chamada ao 112, os Bolechas descobren que o crebanoces non é humano, senón un boneco de corda e, ademais, non teñen a chave para volver activalo. Poderán os Bolechas recuperar o seu crebanoces de Nadal?


Para descubrir como acaba o misterio que se lle presenta á familia Bolechas este Nadal, os interesados poderán achegarse a este espectáculo de monicreques manipulados, o xoves día 30 en Negreira.

powered by social2s