muiñeira07 portada.jpgNegreira celebrou o 25 aniversario do seu Día da Muiñeira por todo o alto, cunha ducia de agrupacións folclóricas participantes chegadas de toda a provincia, en total preto dos 300 participantes. Tralo desfile polas principais rúas da vila, ás seis da tarde facían a súa entrada nunha praza do Concello onde cotizouse a sombra, polo forte calor da xornada.

 

Bailouse tres veces a muiñeira Redonda, alternándose coas actuacións do grupo de baile Veiga do Cotón, e do Obradoiro de danza tradicional de Negreira, xunto coas pandereteiras da Escola Municipal, no que foi a clausura da tempada de devanditas escolas municipais, de baile, dirixida por Manuel Figueira, e de pandeireta, por Sonia Nieto.

 

muiñeira07 interior.jpg

 

Rematouse coa entrega de agasallos ás asociacións participantes:

Asociación Cultural e Folclórica Terra de Ames

Asociación Cultural Terra de Sena, de Cee

Escola Municipal de Baile de Brión

Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Padrón

Asociación Cultural O Hórreo, de Mazaricos

Asociación Xuvenil Xilbarbeira, de Boiro

Asociación Nosa Señora do Carme, de Fisterra

Escola Municipal de Baile Tradicional de Betanzos

Asociación Folclórica Xirandaina, de Santiago

Escola de Danza Breogán, da Asociación Cultural de Brens, de Cee.

 

muiñeira07 interior 2.JPG

 

Concurso Folclórico

 

Finalmente, celebrouse o concurso folclórico onde o primeiro premio foi para o grupo de Xilbarbeira (400 euros e trofeo), con Punteada de Limiñoa; seguido do grupo de Xirandaina, bailando Entroido de Arcos (250 e trofeo), e en terceiro lugar, o grupo Fouliada de Mazaricos, con Xota de San Román, con premio de cen euros e trofeo, e que lles foron entregados polas concelleiras de Cultura, Flora Grille Novío, e de Educación, María Jesús Veiga Hortas, respectivamente.

 

muiñeira concurso.JPG

powered by social2s