muiñeira090617.jpgA Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón e, mailo Concello de Negreira, convidan a participar no XXV Día da Muiñeira e mailo XXI Concurso Folclórico, a celebrarse este sábado 10 de xuño, dende as seis da tarde na praza do Concello. A xornada suporá tamén, a clausura do Obradoiro de Danza tradicional, e do Obradoiro de Pandeireta e canto tradicional.

 

A organización conta coa participación 25 grupos dunha total de once agrupacións folclóricas chegadas de diferentes puntos da provincia, no 25 aniversario da creación do Día da Muiñeira, onde a muiñeira a bailar será a muiñeira ¨Redonda¨, adaptada en catro puntos e cinco voltas, e bailarase en tres veces con breves descansos.

 

Os grupos participantes concentraranse ás 17:00 horas no Campo dá Feira, dende onde sairá o desfile ás cinco e media da tarde, o cal percorrerá a Carreira de San Mauro, a rúa do Carme e o Camiño Vello para facer entrada á praza do Concello. Ao remate daráselle aos 300 participantes un refresco e un bocadillo, e farase entrega dun  obsequio a tódalas agrupacións participantes.

 

Ao remate do XXV Día da Muiñeira farase o XXI Concurso Folclórico, onde cada agrupación poderá participar presentando a peza que libremente escolla, cun máximo de 5 minutos no escenario. Establécense os seguintes premios:

 

1º 400 euros e trofeo

2º 250 euros e trofeo

3º 100 euros e trofeo

powered by social2s