Cartel Intermunicipal Futbol Sala Ordes 2017.jpgEste sábado 27 de maio celébrase no concello de Ordes, a viséxima edición do Torneo Intermunicipal de campións das Ligas de Fútbol Sala de dez concellos do interior da provincia de A Coruña, entre eles, o de Negreira.

 

Os encontros sucederanse ao longo de toda a xornada, dando comezo ás nove da mañá, e estando prevista a gran final para as sete e media da tarde. O equipo de Madeiras Jesús Gómez, campión da fase regular da Liga de Negreira, será o noso representante, medíndose ás 11.30 no pavillón Castelao 2 contra o representante do Concello de Santa Comba, e ás 13.10 horas, diante do campión do Concello de Touro, no pavillón Castelao 1.

 

Dividida a competición en tres grupos, o campión de Negreira forma parte grupo B con Santa Comba e Touro. Os gañadores de cada grupo e o mellor segundo, disputarán as semifinais, ás 17 e 18 horas, respeitivamente.

 

Desexándolle toda a sorte e ánimo ao conxunto do Madeiras Jesús Gómez, quen gañou os 18 partidos da Liga, lembramos que dende o vindeiro luns vánse disputar no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, os sempre emocionantes Playoff polo título de Liga entre os oito mellores clasificados da fase regular comezando polos cuartos de final e seguindo polas semifinais (luns 5 de xuño) e a gran final que terá lugar o mércores 7 de xuño.

0
0
0
s2sdefault