campamentos dipu3.jpgTrescentos sesenta rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña, entre eles Negreira, participarán este verán en Culleredo nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña, cuxo prazo de inscrición está aberto até o vindeiro 17 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura.

 

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse no Centro Residencial Docente de Culleredo (antiga Universidade Laboral) en dúas quendas, do 19 ao 25 de agosto e do 26 de agosto ao 1 de setembro. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención.

 campamentos dipu1.jpg

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da equitación, a natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes naúticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquiarium Finisterrae, o xardín de San Carlos ou o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

                                           

En cada quenda participarán un total de 180 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por 18 monitores titulados e o un director de campamento.

 campamentos dipu 2.jpg

 

Os rapaces/as de Negreira participarán na 2ª quenda, do 26 de agosto ao 1 de setembro, xunto cos de Ames, A Baña, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Dodro, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía,  Noia, Outes, Padrón, A Pobra, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vimianzo e Zas.

 

Máis información en: www.dacoruna.gal/deportes

powered by social2s