Frankenstein_04155.jpgA tarde do 24 de xullo de 2013, en vésperas do día grande de Galicia, o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha única causa... Qué hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?

 

Frankenstein-04155 é unha longametraxe-documental,  impulsado pola Plataforma de Vítimas do tren Alvia 04155, coa producción de Boneca Lareta, e que tivo a súa estrea ao grande, como merece, nun dos festivais de cine máis prestixiosos e lonxevos de Europa, a Semana Internacional de Cine de Valladolid SEMINCI 2015 onde obtivo unha mención especial do xurado. Logo, tamén obtería o premio especial do público en CINEUROPA.

 

Trátase do penúltimo documental dentro do I Ciclo de Documentais Val de Barcala, organizado pola Asociación Cultural Afonso Eanes, e que poderemos ver este venres no Auditorio de Negreira. Tamén haberá, un coloquio posterior co seu realizador, Aitor Rei.

 

Aínda sendo unha actividade de balde, existe a opción da entrada solidaria: recolleranse alimentos non perecedoiros que logo serán doados ós Servizos Sociais Comunitarios de Negreira.

 

Data: Venres 7 de abril

Hora: 21:00

Lugar: Auditorio do Centro Sociocultural

Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=XtTVF0T8ErU

0
0
0
s2sdefault