mamatrabajo4.jpgA Xunta abre o prazo de solicitude da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. A orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen e regulan as bases ten por obxecto establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar.

 

Devandita convocatoria ten aberto o prazo de solicitude dende hoxe día 4 de abril até o 29 de maio, ambos os dous incluídos, nos Servizos Sociais Comunitarios, na Casa do Concello.

 

Contía da axuda

 

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

 

A contía será a seguinte:

•       Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

•       Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

•       Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

 

Máis información aquí.

powered by social2s