Fase Final Comarcal de fútbol sala 2017.jpgO Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolleu a Fase Final Comarcal da Liga Escola Barcala-Xallas-Muros, de onde sairon os tres equipos que participarán na Fase Final Intercomarcal do programa Xogade, a celebrarse no 29 de abril, e con Negreira de novo como sé, nos pavillóns de Pedra Mámoa e o de San Vicente, no veciño Concello da Baña.

 

En categoría Alevín, o equipo do Negreira B resultou campión ao vencer na final 7-2 ao conxunto de Brión B, logo de superar en semifinais 1-3 ó Negreira A. Os de Brión pasaron á final tras impoñerse na tanda de penaltis ao Santa Comba tralo 3-3.

 Alevíns.jpg

                               

En categoría Infantil, a vitoria na final correspondeu ao equipo de Brión 6-3 sobre o Mazaricos.

                        

 Infantil Brión.jpg

 

Na categoría Benxamín, resultou vencedor o equipo da Escola Deportiva Os Miúdos, de Muros, logo gañar na final por un axustado 4-3 a Brión, quenes en semifinais deron a sorpresa ao derrotar nos penaltis ó equipo de Negreira tralo empate a dous goles no marcador. Na outra semifinal, venceu Os Miúdos 7-1 a Mazaricos.

 

                           Os Miúdos.jpg

 

En canto á categoría Prebenxamín, categoría que non participa na Fase Final Intercomarcal, non chegou a xogarse pola incomparecencia do equipo do Concello de Santa Comba que debía disputar a final da tarde ante o equipo de Negreira. Finalmente, xogou un amigable entre os dous equipos da Escola Deportiva co resultado final de 4-1 para o Negreira A.

 

                                 Prebenxamín.jpg

 

Entrega de premios

 

Ao remate da xornada que contou cun gran ambiente nas bancadas de Pedra Mámoa, entregáronse os trofeos por parte do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; o concelleiro de Deportes e Xuventude, José Daniel Casal Leis; a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, e maila concelleira de Emprego, Muller, Agricultura e Medio Ambiente, María del Mar García Vidal. 

0
0
0
s2sdefault