autismo mural.jpgEste domingo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, e o Concello de Negreira súmase ao apoio ás familias de persoas con Transtorno do Espectro do Autismo (TEA). O lema escollido este ano é: Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible.

 

Dende a Escola Infantil Municipal leváronse a cabo diferentes actividades como a elaboración dun mural con pezas dun puzzel, cada unha pintada por unha clase e que logo uníronse, e mesmo estiveron a repartirse pulseiras de cor azul entre os nenos/as e mailas profes, xa que é a cor representativa da causa. Tamén remitíronlle unha carta ás familias para que o domingo 2 de abril poidan locer algo de cor azul e axudar na concienciación. 

 

autismo 2.jpg

 

Animádevos a cambiar a imaxe do fondo de perfil nas vosas redes sociais pola seguinte...

                                      Foto fondo.jpg

 

Tan importante é sensibilizar como informar das manifestacións máis frecuentes deste trastorno na infancia. Detectar o autismo o máis cedo posible implica poder ter un mellor pronóstico. Na franxa de 18 - 24 meses é cando acostuman a aparecer estes síntomas. Se se detecta tan só tres dos síntomas que aparecen neste cartaz nun neno, xa é motivo de alerta.

                                            Cartaz síntomas.jpg

 

A Confederación Autismo España e a Confederación Española de Autismo (FESPAU), en coordinación con Autismo Europa, promoven unha campaña de concienciación para dar a coñecer este trastorno á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas con TEA.

 

As persoas con autismo enfróntanse a moitas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade. As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. O autismo é un gran descoñecido dentro da sociedade e existen moitos falsos mitos sobre este trastorno.

 

Para o movemento asociativo do autismo é moi importante que a sociedade entenda cales son as barreiras ás que se enfrontan as persoas con TEA porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.

 

O autismo é unha alteración do neurodesarrollo de orixe multifactorial, o cal provoca dificultades na comunicación, na interacción social e dificultades coxnitivas. Non é unha enfermidade. Non se cura.... COMPRÉNDESE.

 

Prema no seguinte enlace para ver o vídeo da campaña de concienciación do 2017.

https://www.youtube.com/watch?v=upPysHkZY4k

 

Máis info: www.diamundialautismo.com

#DiaMundialAutismo

0
0
0
s2sdefault