viapublica2.jpgO Concello de Negreira lembra a empresas e particulares da existencia dunha Ordenanza Municipal que prohíbe a utilización do mobiliario público e, en fachadas na vía pública, de colocación de cartelería. Lembra que segundo recolle a ordenanza, as sancións económicas van desde os 750 euros para as faltas leves, e de 750 a 1.500 euros para as faltas graves ou daqueles reincidentes, e de 1.500 a 3.000 euros nos casos moi graves.

 

Ante a aparición hoxe en varias rúas do casco urbán de papeis colocados en farolas e baixantes de edificios, a Policía Local requeriu aos responsábeis da devandita firma para que retirasen dita propaganda, iniciando o correspondente expediente sancionador.

 

Por todo o anterior, desde o Concello de Negreira advírtese que non está permitido a colocación de cartaces e propaganda no mobiliario urbano, sen unha autorización municipal previa, así como en elementos comúns da vía pública coma fachadas e baixantes da auga de edificacións.

powered by social2s