primeros-auxilios.jpgO Voluntariado Social do Concello de Negreira ofrecéullela posibilidade ao IES Xulián Magariños de levar adiante un obradoiro de primeiros auxilios, dirixido ao profesorado deste centro educativo de ámbito comarcal, a impartir por dúas voluntarias diplomadas en Enfermeiría, e que quenes contan coa experiencia na formación.

 

Este obradoiro vaise celebrar este martes 28 de marzo, a partir das seis do serán e, consta como é lóxico dunha parte teórica e outra práctica, dentro das cales afondarase en aspeitos como a valoración dos feridos, tanto dentro dun medio seguro coma non seguro, ou as manobras básicas de soporte vital (pediátricas e de adultos), e mailo método base, obstrucción aérea por copo extrano. 

powered by social2s