p_civil.jpgO alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, recibiu hoxe na Casa do Concello a visita do Xefe de Servizo de Emerxencias do 112 na provincia de A Coruña, Víctor M. Vázquez Pérez, e maila Xefa da Área Técnica do 112, María Jesús Leiras, a fin de coñecer de primeira man, as principais necesidades e demandas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil creada en decembro de 2015.

 

Ao encontro asistiu unha representación dos voluntarios de Protección Civil, quenes agardan que na convocatoria de axudas de 2017 téñase en conta a solicitude para dotar á Agrupación dun vehículo propio e medios para que poidan desenvolver os seus operativos e intervencións co material e medios axeitados. 

powered by social2s