O Concello de Negreira fixo entrega hoxe da distinción do I Premio 8 de Marzo, á Fundación María Esperanza Rubido Romero, representada por Filomena Casal Gómez, presidenta do seu padroado, facéndolle entrega de tal distinción o alcalde de Negreira, Jorge Jesús Tuñas Caamaño, co gallo do Día Internacional da Muller.

 

 

Este acto desenvolvido no Auditorio do Centro Sociocultural foi presentado por Carme Pereiro, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira, contandou coa participación de alumnado e profesorado do CEIP O Coto e mailo IES Xulián Magariños. As alumnas de sexto de primaria do CEIP O Coto deron lectura ao texto titulado: A miña muller non traballa. Tratouse de Paula Bouzón Vieito, Uxía Míguez Quintela e Collin Zieckman Romar. Polo IES Xulián Magariños fixérono: Alba Espasandín Vázquez, Iria Freire Agra e Leticia Cunqueiro García.

 

O acto contou coas intervencións de Rosa Fuentes Cambeiro, directora do Centro de Información á Muller; Mar García Vidal, concelleira de Emprego, Muller, Agricultura e Medio Ambiente; José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello de A Baña, e de Jorge Jesús Tuñas Caamaño, alcalde do Concello de Negreira.

 

Trala entrega da distinción do I Premio 8 de Marzo, interviu Filomena Casal Gómez, para a continuación darse lectura a un poema de Rosalía de Castro, a cargo de tres usuarias da Fundación para a Protección das Persoas con Discapacidad Psíquica Comarca de Barcala, como son Teresa Lineira, Cristina Cid e Susana Antelo.

 

O peche do acto correu a cargo da actuación da agrupación Cantareiras de Negreira.

 

Co gallo do Día Internacional da Muller, tivo lugar un coloquio posterior en Radio Negreira (107.0 FM), coa participación de Filomena Casal, Rosa Fuentes, Natalia Suárez e mailos alcaldes de Negreira e de A Baña, facéndose especial fincapé na necesidade de concienciar e educar aos máis novos na igualdade de homes e mulleres.

 

powered by social2s