Liñaio fashion week e Remolóns ó compás foron as comparsas protagonistas do Gran desfile de Entroido deste 2017, repartíndose os dous primeiros premios. Os Remolóns, de Vilagarcía de Arousa, coa súa montaxe de Mary Poppins, leváronse 1.600 euros en premios: o primeiro en carrozas, e mailo segundo en comparsas. E Liñaio fashion week tamén fixeron dobrete: primeiros en comparsas e terceiros en carrozas, modalidade esta última na que a temática de Papá Noel da Mocidade de Lañas acadou o segundo posto.

 

 

 A comparsa Alicia no pais das maravillas, da academia English Wonderland, de Negreira, coa participación máis numerosa, levouse un cuarto premio en comparsas.

 

 

En grupos, primeiro posto para Horas, minutos e segundos, dende Compostela, seguidos de Carnaval do Brasil, de Negreira, e que tamén leváronse un cuarto premio de carrozas. O terceiro premio foi para Unión Penosa.

 

En disfraces individuais e por parellas, o primeiro premio recaeu en Futur Moda 3.000. Fantasía Galáctica, de Ordoeste; seguido polo Feiticeiro de Barcala, de Negreira, e por Granjera busca esposa, de Bastavales.

 

 

O Gran desfile do Entroido 2017 caracterizouse pola gran variedade de temáticas e unha concorrencia de público das máis altas dos 33 anos de historia do desfile, grazas ao bo tempo reinante na xornada do pasado sábado, xunto co feito de que a Televisión de Galicia emitíse en directo o seu programa Aquí Galicia durante tres horas dende a Praza do Concello, con conexións a pé de rúa do desfile e actuacións musicais como a da orquestra canaria El Combo Dominicano, cun seguimento masivo de público durante a emisión en directo desde Negreira.

 

Disfraces individuais e parellas

1º - Futur Moda 3000. Fantasía galáctica. Ordoeste (A Baña).

2º - O feiticeiro de Barcala (Negreira).

3º - Granjera busca esposa. Bastavales (Brión).

 

Grupos medianos

1º - Horas, minutos e segundos (Santiago).

2º - Carnaval do Brasil (Negreira).

3º - Unión Penosa. (Negreira).

 

Modalidade de carrozas

1º - La casa del loco almirante Boom. Os Remolóns

2º – O mundo de Papá Noel. Lañas (A Baña).

3º - Liñaio fashion week (Negreira).

4º - Bar Brasil (Negreira).

Accésit – Tabernas sen fronteiras

 

Modalidade de comparsas

1º - Liñaio fashion week

2º - Remolóns ó compás

3º - Xirandaina tours (O Pino).

4º - Alicia no país das maravillas (Negreira).

Accésit 1 – Ponte a bailar. Os coyotes (Camariñas).

Accésit 2 – A culpa é da Lomce (Cambre).

 

O premio Juan Varela Areoso á mellor copla foi para as letras dos Carnavaleiros de Barcala.

 

Prema aquí para ver o programa especial da Televisión de Galicia sobre o Gran desfile de Entroido e mailo Concello de Negreira.

 

Fotografías: Abraham Fotógrafos (Negreira).

 

powered by social2s