A forza do vento provocou esta pasada madrugada numerosas incidencias no noso concello que están sendo solventadas pola brigada municipal. Xa dende as catro da madrugada, un dispositivo de voluntarios de Protección Civil estivo a traballar arreo en numerosos puntos do concello para a retirada de árbores que obstaculizaban a circulación na rede viaria provincial e municipal.

 

 

Dende as oito da mañá, a testemuña collérona os membros da brigada municipal, que coa axuda da empresa encargada do mantemento da rede provincial, retiraron as enormes árbores caídas na estrada provincial DP 5602 de Negreira a Pontenafonso, á altura do lugar de Reibó, na parroquia de Liñaio, unha das máis afectadas pola caída de árbores, incluso sobre o tendido eléctrico.

 

 

Nas parroquias de Portor e A Pena, rexistráronse incidencias por mor da caída do fornezo eléctrico desde as catro da madrugada.

 

Operarios do Concello tamén estiveron a retirar os troncos arrastrados pola crecida do río Barcala, provocando un efecto tapón nas pontes de Cobas e Os Castros.

 

Asemesmo, houbo de ser retirada unha lona arrincada polo forte vento no campo de fútbol de Cepelo.

0
0
0
s2sdefault